Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2003 Páx. 388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (11/2002).

A Alcaldía-Presidencia, con data do 19 de novembro, dictou a seguinte resolución:

Primeiro.-Incoar expediente para a aprobación das bases e os estatutos da xunta de compensación que se vai constituír para a execución do polígono H3.05 rúa Valencia do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente.

Segundo.-Aprobar inicialmente o proxecto de bases e estatutos presentado por Antonio Gómez Navarro, en nome e representación da comisión xestora constituída para estes efectos.

Terceiro.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, así como a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio correspondente segundo o modelo oficial que se xunta, facultando a comisión xestora e, no seu nome, a Antonio Gómez Navarro como presidente, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 133.4º en relación co 102, ambos da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (BOE nº 103, do 30 de abril), para xeral coñecemento, advertíndolles ós interesados que o expediente se encontra á súa disposición nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na rúa do Parque, s/n, de luns a venres, durante o prazo de 20 días contados a partir da publicación ou notificación do acordo que se traslada, onde poderán consultalo e presentar cantas alegacións teñan por conveniente na defensa dos seus dereitos.

Así mesmo, comunícase que as cuestións que se presenten en relación con el poderán ser consultadas das 12 ás 14 horas, tempo no cal serán atendidas por persoal do servicio.

A Coruña, 19 de novembro de 2002.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda