Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2003 Páx. 388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO (88/2002.PED).

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 26 de decembro de 2002, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle de parcela sita no nº 153 da trav. de Arteixo, tramitado por instancia de Alberto Arias Vaquero en representación de Promociones Marineda, S.L., o cal queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Ó mesmo tempo, e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada esta non se puidese practicar, sirva este anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se recollen no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 27 de decembro de 2002.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalce