Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2003 Páx. 387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2002, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación en réxime de concesión de máquinas expendedoras de bebidas e alimentos en centros de atención primaria. (Expediente CP-SX-3/2002).

A directora xerente de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da Orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:

Número de expediente: CP-SX-3/2002.

1. Obxecto: instalación de máquinas expendedoras de bebidas e alimentos en centros de atención primaria, estructurado nos seguintes lotes:

Lote nº 1: PAC de Verín.

Lote nº 2: PAC de Viana do Bolo.

Lote nº 3: PAC de Xinzo de Limia.

Lote nº 4: PAC de Celanova.

Lote nº 5: PAC do Carballiño.

Lote nº 6: PAC de Ribadavia.

Lote nº 7: PAC da Pobra de Trives.

Lote nº 8: Centro de Saúde do Barco de Valdeorras.

Lote nº 9: PAC da Valenzá (Barbadás).

Lote nº 10: PAC de Bande.

Lote nº 11: Xerencia de Atención Primaria.

2. Canon: as empresas licitadoras deberán ofertar un canon anual.

3. Garantías:

Provisional: por un importe de 120 euros por cada un dos lotes ós que se licite.

Definitiva: por un importe de 240 euros por cada un dos lotes ós que se licite.

4. Forma de adxudicación: concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

5. Prazo de execución: dous anos, desde a posta en funcionamento.

6. Admisión de variantes: admítese, ademais da oferta base, un máximo de 2 variantes.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Criterios de adxudicación: ver número 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Solvencia económica, financeira e técnica: ver cláusula 4.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e

demais documentación complementaria poden ser solicitados no Departamento de Servicios Xerais da Xerencia de Atención Primaria en Ourense, sita na avda. de Zamora, 13-5º andar, 32005 Ourense, teléfono: 988 38 64 37, fax: 988 38 64 50, tódolos días laborables, agás sábados, durante as horas hábiles de oficina. Tamén poderán ser consultados na páxina da Internet do Sergas (www.sergas.es).

11. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo do xeito indicado no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

13. Documentación que deberán xunta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Ourense, 4 de decembro de 2002.

Eloína Núñez Masid

Directora xerente de Atención Primaria de Ourense