Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2003 Páx. 384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 16 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican resolucións de expedientes sancionadores incoados por infraccións administrativas na orde social (730/1999 e tres máis).

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan as resolucións na orde social correspondentes.

Fáiselles saber ós interesados que poden formular recurso de alzada, perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ó da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselle de que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboa-la multa imposta nunha das seguintes contas:

-Caixa Galicia, cta. contable 840. Código 001.

-Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX.

Xa que noutro caso se incoará o procedemento de constrinximento ante a delegación de Facenda correspondente.

Vigo, 16 de decembro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

EmpresaDomicilio

e localidade

Número

de expediente

Data resol. deleg. prov.Precepto infrinxidoPrecepto sancionadorResolución

Cnes. Jucast, S.L.Lameira,

Quintela, 238

36954 Moaña

730/1999

1553/99(AI)

28-11-2002Arts. 14 e 15 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, en relación co art. 35 do Decreto 3151/1968, do 28 de novembro.Arts. 47.6º e 16 f) e 49 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.Multa de

18.030,36 A

Pastry Shop Vigo, S.L.Uruguay, 6

36201 Vigo

419/2002

988/02(AI)

20-11-2002Arts. 16, 18, 19 e 30 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.Arts. 12.1º, 12.8º, 12.15º, 39 e 40 do R.D.L 5/2000, do 4 de agosto.Multa de

4.507,62 A

Diseño Bernal I Outomuro, S.L.Progreso, 27, baixo.

Vigo

433/2002

816/02(AI)

28-11-2002Arts. 4.2º f) e 29.1º do Estatuto dos traballadores.Arts. 8.1º, 39 e 40 do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.Multa de

3.005,07 A

Reconspro de Rande, S.L.A Choupana, s/n

36940 Cangas

455/2002

1080/02(AI)

8-11-2002Art. 10 a) do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro.Arts. 5.2º, 11.1º, 39 e 40 do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.Anulación acta