Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2003 Páx. 384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos AC-EP 325/2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a seguir se menciona a proposta de resolución dictada nun expediente sancionador por infracción da Lei

orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

Número de expediente: AC-EP 325/2002.

Denunciado: Arias y Gallardo, S.L.

DNI/CIF: B-15647324.

Enderezo: r/ Alfonso VII, nº 4-4º, A Coruña.

Establecemento: Joy Eslava.

Precepto infrinxido: 23 o) LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Proposta de sanción: 1.250 A.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que coide pertinentes ante o instructor do procedemento, de conformidade co establecido no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Informámolo igualmente de que a tramitación do expediente se realiza na Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sita en Fernando Macías 18-1º, da Coruña.

A Coruña, 18 de decembro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña