Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2003 Páx. 383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2002 pola que se outorga a Mª Celia Soto Balseiro permiso de actividade para a posta en funcionamento dun establecemento auxiliar de cultivos mariños en San Cibrao, Cervo (Lugo).

Examinado o expediente instruído para efectos de outorgamento do permiso de actividade para a explotación dunha cetaria, apreciáronse os seguintes:

a) Feitos.

Primeiro.-Mediante escrito do 15 de marzo de 2002, Mª Celia Soto Balseiro, con DNI nº 76564469-E, solicitou permiso de actividade para a explotación dunha cetaria, en San Cibrao, Cervo (Lugo).

Segundo.-A interesada achegou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de establecementos.

Terceiro.-No expediente consta a seguinte documentación:

-Anuncio de información pública, inserido no DOG nº 131 do 9-7-2002.

-Informe técnico biolóxico da Delegación Territorial de Lugo.

-Informe urbanístico do Concello de Cervo.

-Informe ambiental da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (Consellería de Medio Ambiente).

-Informe xurídico do Servicio Técnico-Xurídico.

b) Fundamentos de dereito.

Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142) e coa Orde do 17 de marzo do 2000, pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade para establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre (DOG nº 67).

Examinadas as disposicións citadas, a proposta de resolución da Dirección Xeral de Recuros Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Outorgar a Mª Celia Soto Balseiro (DNI: 76564469), permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación do establecemento de cultivos mariños que se indica a continuación:

-Tipo: cetaria.

-Nome: Mª Celia Soto Balseiro.

-Actividade: mantemento de crustáceos.

-Especies: centola (Maja squinado), boi (Cancer pagurus), lumbrigante (Homarus gammarus), santiaguiño (Scyllarus arctus), camarón (Palaemon serratus, Palaemon elegans, Palaemon adsperus), lagostino (Nephrops norvegicus).

-Ubicación: edificio O Cruce nº 3, San Cibrao, Cervo (Lugo).

-Superficies:

Dominio privado: 217 m.

Dominio público: non ocupa.

-Características das instalacións:

Planta baixa: superficie: 141 m.

Entreplanta: superficie: 76 m.

Piscinas nº: 2 de 7 x 1,5 m cada unha; superficie: 10,5 m cada unha.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Vixencia.

O permiso de actividade entrará en vigor o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 1 de maio de 2007, data na que se extingue o contrato de arrendamento do local no que está situado o establecemento.

Poderá prorrogarse por períodos máximos de dez anos, logo de petición do interesado presentada dentro dos 60 días anteriores ó vencemento da súa vixencia.

Segunda.-Obras e instalacións.

As obras e instalacións, que poderán dar comezo no momento no que o titular dispoña das autorizacións preceptivas dos distintos organismos competentes na materia, levaranse a cabo de acordo o proxecto de acondicionamento de local para destinalo á actividade de cetaria de marisco en San Cibrao, Cervo (Lugo) subscrito en marzo de 2001, polo arquitecto técnico José Fernández Eiroá, e deberán quedar totalmente rematadas no prazo dun ano, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución.

A execución das obras e instalacións e o inicio da actividade realizaranse de acordo co disposto nos artigos 5 e 6 da Orde do 27 de marzo de 2000 citada.

Terceira.-Modificacións.

O establecemento, nin as obras nel executadas non poderá destinarse a usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Cuarta.-Extinción.

O permiso de actividade ó que se refire esta resolución, extinguirase polo incumprimento dalgunha das condicións dela, polos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993, de pesca de Galicia e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño de 2001.

Quinta.-Licencias doutros organismos competentes na materia.

O outorgamento deste permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes.

Sexta.-Impostos.

O titular liquidará na Facenda Pública o imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados).

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso postestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contenciosa-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS