Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2003 Páx. 370

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 23 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se comunica a publicación das puntuacións definitivas do baremo aberto por anuncio do 15 de outubro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 18 de outubro) para prazas de interinidades e substitucións en especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas nas especialidades de acordeón, fagot, guitarra, fundamentos de composición, historia da música, percusión e violonchelo.

Publicada a lista provisional e resoltas as reclamacións ás puntuacións, procede publica-lo baremo definitivo no taboleiro de anuncios da Consellería

de Educación e Ordenación Universitaria e nas delegacións provinciais, así como na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta dirección xeral resolve:

Primeiro.-Facer público na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas delegacións provinciais e na páxina web desta consellería, as puntuacións definitivas do baremo para prazas de interinidade e substitucións en especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas nas especialidades de acordeón, fagot, guitarra, fundamentos de composición, historia da música, percusión e violonchelo.

Segundo.-Contra estas puntuacións definitivas poderá interpoñerse recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal