Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2003 Páx. 370

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 31 de decembro de 2002 pola que se prorrogan oito bolsas de colaboración en diversas actividades que se están a desenvolver no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega).

As ordes do 31 de xullo de 2001 (DOG nº 175, do 10 de setembro), polas que se convocan bolsas de colaboración en diversas actividades que se están a desenvolver no Museo Pedagóxico de Galicia, prevén na súa base cuarta a concesión de prórrogas ós bolseiros e bolseiras que prestan a súa colaboración nalgún dos proxectos que se están a realizar no museo.

A teor do sinalado na Orde do 11 de febreiro de 1998, sobre «tramitación anticipada de expediente de gasto» o gasto que se proxecta está condicionado á existencia do crédito adecuado e suficiente no proxecto de orzamentos do exercicio do ano 2003.

Na súa virtude e de acordo co establecido na base cuarta das citadas ordes, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.

Concédeselles prórroga para desfrutar da bolsa para a colaboración en diversas actividades que se están a desenvolver no Museo Pedagóxico de Galicia, ata o 31 de decembro de 2003, ás persoas que se relacionan no anexo I á presente orde. Os efectos desta resolución quedan condicionados ata a aprobación do crédito que vai ampara-lo gasto, de conformidade coa orde anteriormente citada, do 2 de febreiro de 1998.

Segundo.

A contía da bolsa durante o período de prórroga é a que se indica no devandito anexo, segundo o establecido na base terceira das citadas ordes.

Terceiro.

Contra esta disposición, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta disposición. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

a) Proxecto: unha bolsa para realización de traballos multimedia e de xestión informática para o Mupega.

Apelidos e nomeNIFEuros/mes

Vidal Porto, Elisa Mª33297424-W751,27

b) Proxecto: catro bolsas para colaborar no proceso de inventario e catalogación de fondos do Mupega.

Apelidos e nomeNIFEuros/mes

Domínguez Román, Belén34953701-A901,52

Gallego Fernández, Carmen35299714-G901,52

Vilar Álvarez, Manuel32426302-M901,52

Vázquez Vila, Daniel33320750-Y901,52

c) Proxecto: unha bolsa para colaborar na catalogación de fondos bibliográficos do Mupega.

Apelidos e nomeNIFEuros/mes

Novoa García, Carmen35550421-B901,52

d) Proxecto: dúas bolsas para traballos de investigación sobre museísmo pedagóxico para o Mupega.

Apelidos e nomeNIFEuros/mes

Fernández González, Manuel35560158-L901,52

Montero Feijóo, Óscar34978018-D901,52