Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 2003 Páx. 321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2002 pola que se fixa a data na que se procederá ó pagamento dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque empresarial de Lourenzá.

O expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque empresarial de Lourenzá foi aprobado conforme o artigo 145 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e a Orde do 30 de decembro de 1999, polo director xeral de Urbanismo con data do 27 de novembro de 2002. Segundo o establecido no artigo 146.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

Na súa virtude, acórdase que o Instituto Galego da Vivenda e Solo proceda a verifica-lo aboamento ou, de se-lo caso, consignación dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados o día 3 de febreiro de 2003, ás 10 horas, no salón de actos do Concello de Lourenzá, en presencia do alcalde, do secretario do concello e do representante da Administración. O que terá lugar en cumprimento do disposto no artigo 38 da Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime de solo e valoracións, o artigo 146.2º e 3º da

Lei 1/1997, do solo de Galicia, o artigo 202 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, e o artigo 48 e seguintes do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957.

Ó devandito acto convócase a:

Predio nºTitularesSuperficiePrezo xusto

4María Josefa López Iglesias3.6809.563,40

7José Cabaleiro Amieiro3.1408.160,08

8María Carmen Piñeiro Iglesias3.2408.419,95

13Herdeiros de Eméritos Cabaleiro Maseda6.18016.060,28

14Herdeiros de Eméritos Cabaleiro Maseda8502.208,94

20Juan López Iglesias5.95015.462,56

21Miguel Ángel Pérez Pérez2.7207.068,60

22Gonzalo Bouso Salvatierra4.02010.446,98

23Dolores López Rico3.4809.043,65

25María Fernández Sante7002.237,30

26Luisa Fernández Sante7402.365,15

25-26Luis Adolfo Fernández LópezPlantacións151

O que se fai público para xeral coñecemento, advertindo que o pagamento ser fará a aqueles interesados que acheguen certificación rexistral ó seu favor, na que conste terse estendido a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario ou, no seu defecto, presentes os títulos xustificativos do seu dereito, completados por certificación negativa do Rexistro da Propiedade referidas ó mesmo predio descrito en tales títulos, conforme o artigo 205 do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto.

Non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado, xa sexa xeral, xa sexa particular para este caso. Deberán achega-la documentación necesaria para acredita-la sucesión no caso de seren herdeiros. Así mesmo, os comparecentes deberán identificarse co documento nacional de identidade ou, no seu lugar, polo coñecemento directo que testemuñen o alcalde ou secretario do concello.

Notifíqueselle-la resolución a tódolos titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente e publíquese o presente acordo no DOG, no BOP e no taboleiro de edictos do concello. A publicación desta resolución serviralles de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben tentada a notificación non se puidera realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro).

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2002.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo