En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio que a continuación se relacionan o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que, a data 11 de novembro de 2002, ascenden á cantidade que se sinala, facéndoselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.
Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 25 de novembro, e no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo (BOE do 7 de setembro), concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día nas súas obrigas ou comparezan na delegación provincial en trámite de audiencia, co fin de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.
En caso contrario, procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.
Lugo, 10 de decembro de 2002.
Eugenio Basanta Curbera
Xefe da Área Provincial de Lugo
ANEXO
Herdeiros de Humberto Vázquez Vila.
Expediente: LU-85/100.
Conta nº 204.
Enderezo: rúa Aquilino Iglesia Alvariño, 18-baixo A, 27004 Lugo.
Importe da débeda: 5.586,16 euros.