Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 2003 Páx. 320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2002 pola que se fixa a data na que se procederá ó pagamento dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque empresarial de Barreiros.

O expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque empresarial de Barreiros foi aprobado conforme o artigo 145 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e a Orde do 30 de decembro de 1999, polo director xeral de Urbanismo con data do 12 de decembro de 2002. Segundo o establecido no artigo 146.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

Na súa virtude, acórdase que o Instituto Galego da Vivenda e Solo proceda a verifica-lo aboamento ou, de se-lo caso, consignación dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados o día 5 de febreiro de 2003, ás 10 horas, no salón de actos do Concello de Barreiros, en presencia do alcalde, do secretario do concello e do representante da Administración.

O que terá lugar en cumprimento do disposto no artigo 38 da Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime de solo e valoracións, o artigo 146.2º e 3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o artigo 202 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, e o artigo 48 e seguintes do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957.

Ó devandito acto convócase a:

Predio

TitularesBens que se

expropiarán

Prezo

xusto

103Adelina Palmeiro Iglesias2.067 m e plantacións6.485,19

108Minerva Bermúdez Montenegro1.600 m e plantacións4.789,64

187Herdeiros de Felisa Pedrosa Posada2.756 m7.043,80

370Tomás Iglesias Moreda1.400 m e plantacións4.392,49

373Adelina Palmeiro Iglesias1.292 m3.302,10

374Herdeiros de Rogelio Rey200 m511,16

O que se fai público para xeral coñecemento, advertindo que o pagamento se fará a aqueles interesados que acheguen certificación rexistral ó seu favor, na que conste terse estendido a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario ou, no seu defecto, presenten os títulos xustificativos do seu dereito, completados por certificación negativa do Rexistro

da Propiedade referidas ó mesmo predio descrito en tales títulos, conforme o artigo 205 do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto.

Non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado, xa sexa xeral, xa sexa particular para este caso. Deberán achega-la documentación necesaria para acredita-la sucesión no caso de seren herdeiros. Así mesmo, os comparecentes deberán identificarse co documento nacional de identidade ou, no seu lugar, polo coñecemento directo que testemuñen o alcalde ou secretario do concello.

Notifíqueselle-la resolución a tódolos titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente e publíquese o presente acordo no DOG, no BOP e no taboleiro de edictos do concello. A publicación desta resolución serviralles de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben tentada a notificación non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro).

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2002.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo