Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 2003 Páx. 318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2002 pola que se lle outorga, a Manuel Arnoso Rivas, permiso de actividade para a posta en funcionamento dun establecemento auxiliar de cultivos mariños en Rons, Xesteiriña, O Grove (Pontevedra).

Examinado o expediente instruído para efectos de outorgamento do permiso de actividade para a explotación dun centro de expedición, apreciáronse os seguintes:

a) Feitos.

Primeiro.-Manuel Arnoso Rivas, con DNI nº 32533499, solicitou permiso de actividade para centro de expedición nas instalacións autorizadas como estación depuradora en Rons, Xesteiriña 9, O Grove (Pontevedra).

Segundo.-O dito establecemento, outorgado por Orde do 10-2-1989 (DOG nº 57, do 22 de febreiro), ten unha vixencia ata o 10-4-2006 e número rexistro sanitario 12.05264/PO.

Terceiro.-O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de establecementos.

b) Fundamentos de dereito.

Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142) e coa Orde do 17 de marzo de 2000, pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade para establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre (DOG nº 67).

Examinadas as disposicións citadas, por proposta de resolución da delegada territorial de Vigo, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do proce

demento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Outorgarlle a Manuel Arnoso Rivas (DNI número 32533499), permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación, do establecemento auxiliar de cultivos mariños que se indica a continuación, nas instalacións autorizadas como estación depuradora en Rons, Xesteiriña 9, O Grove (Pontevedra):

-Tipo: centro de expedición.

-Nome: Manuel Arnoso Rivas.

-Actividade: envasamento de moluscos.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Vixencia.

O permiso de actividade outórgase ata o 10-4-2006, prazo de vixencia do establecemento principal. Poderá prorrogarse por un período máximo de dez anos, logo de petición do interesado presentada dentro dos 60 días anteriores ó vencemento da súa vixencia.

Segunda.-Modificacións.

O establecemento non poderá destinarse a usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Terceira.-Extinción.

O permiso de actividade ó que se refire esta resolución, extinguirase polo incumprimento dalgunha das condicións dela, polos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993, de pesca de Galicia e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño de 2001.

Cuarta.-Licencias doutros organismos competentes na materia.

O outorgamento deste permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes.

Quinta.-Impostos.

O titular liquidará na Facenda pública o imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados).

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderáse interpoñer recurso postestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contenciosa-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos dende o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS