Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 2003 Páx. 319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación do expediente 108/2002 de sanción por infracción na orde social.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á empresa que seguir se relaciona, ó non poder notificar por correo certificado a resolución dictada no expediente de sanción, por infracción na orde social, (materia laboral, seguridade e hixiene e saúde laboral); o seu enderezo, identificación, número do expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse de seguido:

Empresa: Const. Constantino García González, S.L.

Enderezo: Rúa Paxariños, 9-1º, Lugo.

NIF: B-27022433.

Nº expediente: 108/2002.

Contía: 1508,54.

Disp. infrinxida: R.D. 1627/1997.

Contra esta resolución poderá interpor o interesado recurso de alzada, polo conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírteselle de que, de non ser presentado este en tempo e forma, deberán aboa-la multa imposta a través de Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución xa que, noutro caso, se procederá á exacción pola vía de contrinximento, nos termos previstos na orde da Consellería de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 20 de novembro de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE