Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 2003 Páx. 317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 4 de decembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de Resolución do 31 de outubro de 2002 dictada no expediente sancionador AC-160/2002, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ó imputado que de seguido se relaciona, a proposta de resolución dictada no expediente sancionador en materia de turismo número AC-160/2002, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.

Advírteselle ó interesado que en cumprimento do disposto no artigo 19.1º do Real decreto 1398/1993, e no artigo 100 da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, concédeselle un prazo de quince (15) días para formula-las alegacións e presenta-los documentos e informacións que estime pertinentes perante o instructor do procedemento; pasado este prazo procederase a dictar resolución.

Expediente: AC-160/2002.

Denunciado: Bernard Grafas.

Establecemento: Restaurante Marico.

Enderezo: rúa de Galicia nº 32.

Localidade: Noia.

Precepto infrinxido: artigo 86 puntos 3º e 5º da Lei 9/1997.

Proposta de resolución: 31 de outubro de 2002.

Sanción proposta: multa de douscentos setenta euros (270 A).

A Coruña, 4 de decembro de 2002.

Isabel García Vila

Delegada provincial da Coruña