Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 2003 Páx. 317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 29 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 20 de setembro de 2002 dictada no expediente sancionador AC-134/2002, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ó imputado que de seguido se relaciona, a resolución da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña dictada no expediente sancionador en materia de turismo número AC-134/2002, incoado ó titular do establecemento de café-bar denominado La Farola, situado na rúa Ramón Cabanillas nº 13, do concello de Santiago de Compostela (A Coruña), xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo dun (1) mes

desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da delegación provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: AC-134/2002.

Denunciado: Ramón Calvo Castaño.

Establecemento: café-bar La Farola.

Enderezo: rúa Ramón Cabanillas nº 13.

Localidade: Santiago de Compostela.

Precepto infrinxido: artigo 86 punto 5 da Lei 9/1997.

Resolución: 20 de setembro de 2002.

Sanción: multa de noventa euros (90 A).

A Coruña, 29 de novembro de 2002.

Isabel García Vila

Delegada provincial da Coruña