Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 2003 Páx. 316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2002 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Ecuador, S.A., sita na avenida Marqués de Figueroa 15 de Fene (A Coruña).

Examinado o expediente instruído por instancia de Carlos Suárez Cayero, na súa calidade de representante legal da entidade mercantil Viajes Ecuador, S.A., titular da axencia de viaxes Viajes Ecuador, S.A., do grupo maiorista-retallista, con código de identificación C.I.E. 68 e casa central na Gran Vía 81, 2º de Bilbao, en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento na avda. Marqués de Figueroa 15 de Fene (A Coruña).

Resultando que, coa referida solicitude achegouse toda a documentación que se indica no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado decreto para a obtención da súa autorización.

Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta Dirección Xeral de Turismo

RESOLVE:

Autorizar á axencia de viaxes Viajes Ecuador, S.A., con código identificativo C.I.E. 68, do grupo maiorista-retallista e casa central na Gran Vía 81, 2º

de Bilbao, da que é titular Viajes Ecuador, S.A., a apertura dun novo establecemento na avda. Marqués de Figueroa 15 de Fene (A Coruña), que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta orde no DOG, con suxeición ó preceptuado no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2002.

P.D. (Orde 12-1-1998)

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo