Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 2003 Páx. 316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

AVISO do 11 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se anuncia a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de Cartelle (Cartelle-Ourense).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Cartelle (Cartelle-Ourense), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 167/1994, do 2 de xuño (DOG nº 125, do 30 de xuño), e especialmente ós interesados ós que, intentada a notificación, non se puidese practicar, que o Servicio de Infraestructuras Agrarias notifica o seguinte:

Primeiro.-Con data do 11 de novembro de 2002, o director xeral de Infraestructuras Agrarias aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Cartelle (Cartelle-Ourense) logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Cartelle, durante trinta días naturais, contados desde o día seguinte á publicación do aviso no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-No prazo dos trinta días naturais contados a partir do seguinte á publicación do aviso no Diario Oficial de Galicia cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, podendo os recorrentes presentalo no rexistro da Delegación Provincial de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4-6 baixo, Ourense), no rexistro xeral da consellería (San Caetano s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemen

to administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para facérlle-las notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, modificada pola Lei 12/2001 do 10 de setembro).

Ourense, 11 de novembro de 2002.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO