Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 2003 Páx. 304

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (312/2002).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos núme

ro 312/2002, por instancia de Amparo Fernández Fernández contra Estefanía López Vázquez, sobre cantidade, nos que recaeu sentencia do 20-11-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo que, estimando a demanda promovida por Amparo Fernández Fernández contra Estefanía López Vázquez, debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 5.338,08 euros por tódolos conceptos reclamados en demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante o Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositada no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podéndose substituí-la consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que se deberá facer consta-la responsabilidade solidaria do avalista; sen este requisito non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, e entrega-lo xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo

recurso, declarándose este desistido de non constituí-lo dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación a Estefanía López Vázquez, expido e asino esta cédula na Coruña o 20 de novembro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado