Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 2003 Páx. 305

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (484/2002).

Eu, Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 484/2002, seguidos por instancia de Francisco Javier Monreal Rodríguez contra a empresa Repriss Lugo, S.L. e outro, sobre cantidade, dictouse sentencia co encabezamento e parte dispositiva que din:

«Sentencia. Lugo, 26 de novembro de 2002.

Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un

dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal número 484/2002, sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandante, Francisco Javier Monreal Rodríguez, asistido do letrado Juan Carlos Vilariño Monterroso e, como parte demandada, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceu a empresa demandada Repriss Lugo, S.L., malia estar citada en legal forma.

Decido que, estimando a demanda interposta por Francisco Javier Monreal Rodríguez contra a empresa Repriss Lugo, S.L., debo condenar e condeno a empresa citada a lle aboar ó demandante a cantidade de dous mil oitocentos noventa e seis euros (2.896 euros), polos conceptos expresados no segundo dos feitos probados desta resolución.

Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sen prexuízo da eventual e ulterior responsabilidade subsidiaria para o caso de ser declarada a insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste xulgado do social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-69-nº de autos 484/2002, que este xulgado do social ten aberta no Banco Bilbao Vizcaya desta cidade, na rúa da Raíña nº 1, a cantidade obxecto da condena. Poderase substituí-la consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que se deberá facer consta-la

responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de se-lo caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 150,25 euros prevido para esta clase de recursos, que se deberá constituír na mesma conta nº 2322-65 nº de autos 484/2002, do Banco Bilbao Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, e deberanse entrega-los xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de se-la empresa demandada quen o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado».

Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba

celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado.

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que lle sirva de notificación en forma á empresa Repriss Lugo, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo, o 26 de novembro de 2002.

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA