Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 2003 Páx. 304

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (356/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe

e testemuño de que nos autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 356/2002 contra a empresa Financial Trust Investiments, S.L. e Juan Sánchez Martínez sobre salarios, se dictou a seguinte sentencia:

A Coruña, 25 de novembro de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu estes autos de xuízo 356/2002, seguidos por instancia de Ángeles Rodríguez Fernández, maior de idade, asistida por José Páramo Sureda, contra a empresa Financial Trust Investiments, S.L., contra Juan Sánchez Martínez e o Fondo de Garantía Salarial, que non compareceron nos autos, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo aceptar e acepto a demanda interposta por Ángeles Rodríguez Fernández contra a empresa Financial Trust Investiments, S.L., debo condenar e condeno a esta a que lle aboe á parte demandante a cantidade de 8.550,29 euros polos conceptos reclamados na demanda, e absolvo a Juan Sánchez Martínez.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia; e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade de 25.000 pesetas na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número de conta 5603, clave 65, facendo constar no ingreso o número do expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lles sirva de notificación á empresa Financial Trust Investiments, S.L. e Juan Sánchez Martínez, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o 25 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado