Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 2003 Páx. 304

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (409/2002-MR).

Eu, María del Socorro de Álvaro Prieto, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número catro da Coruña, dou fe e certifico que nos autos de xuízo verbal civil que se tramitan neste xulgado baixo o número 409/2002-MR, seguidos por instancia de Antonio Otero Naveira, contra Recapa, S.L., se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia. A Coruña, 1 de outubro de 2002.

Vistos por Luis Pérez Merino, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número catro da Coruña os autos de xuízo verbal civil número 409/2002-MR, seguidos por instancia de Antonio Otero Naveira, representado polo procurador Luis Sánchez González, contra o demandado Recapa, S.L., domiciliado na r/ Newton nº 10, 1º A (A Coruña),

Decido que, estimando a demanda formulada polo procurador Luis Sánchez González, en nome e representación de Antonio Otero Naveira, debo declarar e declaro resoltos os contratos de arrendamento que vinculaban as partes e, xa que logo, debo condenar e condeno o demandado Recapa, S.L. a que deixe libre e á disposición do demandante Antonio Otero Naveira a nave industrial situada no polígono de Bens, parcela II-48, A-2 da Coruña, que consta de 321 m de nave almacén e 123 m de oficinas sitas no primeiro piso do portal nº 10, cunha superficie no seu conxunto de 444 m, e nave industrial situada no polígono de Bens, parcela II-48, A-2 da Coruña, que consta de 321 m, dentro do prazo que a lei sinala, con apercibimento de lanzamento, con imposición das custas á parte demandada.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá preparar por escrito recurso de apelación, dentro do prazo de cinco días, a partir do seguinte ó da notificación, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que lle sirva de notificación ó demandado Recapa, S.L., do que se descoñece o seu domicilio, expido, selo e asino esta cédula na Coruña o 17 de decembro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado