Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 2003 Páx. 274

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 3 de xaneiro de 2003 pola que se fixan as tarifas e os prezos correspondentes á prestación de servicios nas instalacións xuvenís, expedición de carnés dirixidos á xuventude e participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, durante o ano 2003.

Dando cumprimento ó disposto na Lei 13/1991, do 9 de decembro, procede actualiza-los prezos dos servicios prestados nos campamentos, albergues, residencias e demais instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ata agora fixados pola Orde do 20 de decembro de 2001 (DOG nº 251, do 31 de decembro), así como establece-los prezos dos diferentes carnés dirixidos á xuventude que se expiden a través dos servicios de xuventude, casas da xuventude, oficinas TIVE e outras entidades colaboradoras, e os relativos á participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude.

A Lei 13/1991, que regula as taxas, prezos e exaccións, dispón no seu artigo 6 que a contía destes se acordará por orde da consellería correspondente, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda; por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Os prezos esixibles pola prestación de servicios e actividades en campamentos, albergues, residencias e demais instalacións de xuventude, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, son os que se fixan no anexo I desta orde.

2. Os prezos relativos á expedición do Carné Xove Euro'26, Carné Máis, carnés de alberguista nas súas diferentes modalidades e carnés TIVE recóllense no anexo II.

3. Os prezos relativos á participación nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude especificadas nesta orde recóllense no anexo III.

4. Estos prezos enténdense, se é o caso, co IVE incluído.

A xestión destes prezos privados farase de acordo co disposto no artigo 7 da Lei 13/1991, do 9 de decembro.

Artigo 2º

1. Os prezos recollidos no anexo I desta orde serán expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro en función do tipo de instalación e do uso ou non da enerxía eléctrica.

2. Os grupos que usen unha instalación xuvenil terán preferencia ó uso de tódalas súas dependencias. Non aboarán suplemento polo uso das pistas polideportivas descubertas, pero terán a obriga de aboa-las tarifas correspondentes polo uso dos polideportivos cubertos ou ximnasios, segundo os prezos que figuran no anexo desta orde.

Artigo 3º

Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa terán un desconto do 50% sobre os prezos relativos ás actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude no programa Campaña de Verán.

Para estes efectos, o beneficiario do desconto deberá presentar, xunto coa documentación que proceda en cada caso, unha fotocopia do título de familia numerosa onde figure.

Artigo 4º

Os usuarios do Carné Xove e do Carné Máis gozarán en tódalas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, como mínimo, dun desconto do 10%. A porcentaxe de desconto aplicable en cada caso especificarase no folleto informativo de cada un dos programas e actividades que se leven a cabo.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2003.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

ANEXO I

Prezos relativos á utilización e os servicios prestados nos campamentos, albergues e residencias xuvenís titularidade da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

A. Pola utilización dos campamentos e albergues xuvenís durante a campaña de verán establécense os seguintes prezos por praza:

A.1. En réxime de oferta concertada (dirixida a grupos).

A.1.1. Campamentos:

Tarifa en euros

Por quincena101

Por día10

A.1.2. Albergues e residencias:

Por quincena135

Por día14

Estes prezos abranguen os seguintes servicios: o aloxamento, a alimentación en réxime de pensión completa, o uso das instalacións e material, o consumo de auga, electricidade e combustible, agás o material de actividades específicas de animación.

A.2. En actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude.

A.2.1. Campamentos:

Tarifa en euros

Promoción normal (por quincena)123

Promoción normal (quenda de 10 días)92

Promoción normal (quenda de 7 días)64

Cursos de especialidade (por quincena)151

Aulas de aire libre (por quincena)127

Aulas de natureza (por quincena)127

Curso de piragüismo (por quincena)151

A.2.2. Albergues:

Tarifa en euros

Promoción normal (por quincena)154

Promoción normal (quenda de 10 días)102

Promoción normal (quenda de 7 días)79

Cursos de especialidade (por quincena)162

Cursos de náutica: vela, táboa e esquí

(por quincena)200

Cursos de náutica: vela e táboa (por quincena)169

Rutas turístico-culturais e deportivas169

Cursos de piragüismo (por quincena)169

A.2.3. Campos de traballo:

Ámbito autonómico e nacional (por quincena)72

Ámbito internacional (por quincena)72

B. Por servicios nos albergues e residencias integrados na Rede Española de Albergues Xuvenís (REAX) establécense os seguintes prezos por persoa:

Servicios Ata 30 anosMaiores de 30 anos

Pensión completa1419

Aloxamento69

Almorzo1,52

Xantar ou cea66

Para facer uso destes servicios deberase posuí-lo carné de alberguista en calquera das súas modalidades.

C. Servicio nas residencias xuvenís para estudiantes (por praza e mes), durante o curso 2003/2004, que abrangue do 1 de outubro de 2003 ó 30 de xuño de 2004.

Tarifa en euros

Residentes internos240

Medio pensionistas externos (xantar

e merenda)98

D. Pola utilización das instalacións recreativo-deportivas.

D.1. Uso de pavillón polideportivo cuberto:

Adestramento/hora para infantís e xuvenís:

-Sen enerxía eléctrica: 6,5.

-Con enerxía eléctrica: 10.

Partidos:

-Sen enerxía eléctrica: 9,5.

-Con enerxía eléctrica: 18.

D.2. Uso de pistas polideportivas descubertas:

Ata dezaoito anos e maiores/hora:

-Sen enerxía eléctrica: 4.

-Con enerxía eléctrica: 6,5.

D.3. Uso de pistas de tenis:

Tarifa en euros

Infantís-xuvenís/hora2

Maiores de 18 anos3

D.4. Uso de piscina non climatizada:

Infantís-xuvenís1

Maiores de 18 anos2

D.5. Uso de material náutico:

Un barco media xornada5

Un barco unha xornada10

D.6. Uso de bicicletas:

Unha bicicleta media xornada3

Unha bicicleta unha xornada6

E. Polo uso de locais:

Tarifa en euros

Media xornada5

Unha xornada10

Media xornada é unha mañá ou unha tarde cun máximo de catro horas.

O réxime de pensión completa para grupos xa inclúe o uso das dependencias necesarias para o desenvolvemento do programa.

F. Pola utilización dos campamentos e albergues para actividades recreativas ó aire libre:

F.1. Acampadas (con tendas da entidade): 1 euro/día e persoa.

F.2. Actividades recreativo-culturais (convivencia):

13 euros/día/grupo de ata 50 usuarios.

20 euros/día/grupo de 51 a 100 usuarios.

34 euros/día/grupo de 101 a 200 usuarios.

66 euros/día/grupo de 201 a 300 usuarios.

ANEXO II

Prezos pola expedición dos diferentes carnés dirixidos á xuventude.

Tarifa en euros

Carné Xove Euro'266

Carné Máis6

Carné alberguista xove5

Carné alberguista adulto11

Carné alberguista grupo15

Carné alberguista familiar22

Carné alberguista para estranxeiros (completo)21

Carné alberguista para estranxeiros (cupón)3,50

Guía internacional de albergues7,81

Carné teacher (ITIC)8

Carné internacional xove (IYTC)6

Carné student (ISIC)6

ANEXO III

Prezos relativos á participación nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude que a continuación se especifican. Os prezos establecidos entenderase por participante:

Tarifa en euros

A. Xuntanza de xoves investigadores19

B. Programa Coñece a Galicia Verde

(prezos por persoa e praza)4

C. Programa Coñece España143

D. Programa Conducción Segura25

E. Programa Atlántida20

F. Programa Os espacios naturais-un mundo

aberto20

G. Xuventude Galicia Net25

H. Programa Urbis (prezo por equipo)48

I. Encontros e congresos15

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME

E DA MULLER