Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 2003 Páx. 272

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de decembro de 2002 pola que se resolve a concesión dos premios á innovación educativa convocados pola Orde do 6 de maio de 2002.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por Orde do 6 de maio de 2002 (DOG do 21 de maio), convocou premios dentro do marco do impulso á innovación educativa nos niveis non universitarios e do recoñecemento do traballo realizado polo profesorado que, individual ou colectivamente, está a levar adiante prácticas educativas innovadoras.

Segundo o disposto no artigo 6º da devandita orde, o día 4 de novembro de 2002 constituíuse o xurado encargado de avalia-los traballos presentados, procedendo á súa valoración e levantándose na mesma data acta da proposta de concesión de premios, que se elevou ó conselleiro para a súa aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Concede-los premios á innovación educativa, convocados pola Orde do 6 de maio de 2002, ós traballos e profesores que se relacionan no anexo á presente orde.

Segundo.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Premios á innovación educativa

Modalidade A:

Un primeiro premio de 1.400 euros ó traballo:

Título: Análise iconográfica dos temas do Antigo Testamento: Xudit.

Coord.: Milagros Álvaro Gómez.

Centro: IES Adormideras.

A Coruña.

Tres segundos premios de 1.200 euros ós traballos:

Título: O Segredo

Autor.: X. Xesús Pacoret Balsa.

Centro: CEIP Canosa-Rus (Carballo).

A Coruña.

Título: Óptica xeométrica.

Autor: José Villasuso Gato.

Centro: IES Monelos.

A Coruña.

Título: Turonia 2002.

Coord.: Alfonso Lorenzo Vila.

Centro: CEIP Pedro Caselles Beltrán (Tomiño).

Pontevedra.

Un terceiro premio de 700 euros ó traballo:

Título: Física ESO. O movemento.

Autora: Raquel Vergara Álvarez.

Centro: IES nº 1 (Ponteareas).

Pontevedra.

Modalidade B:

Un primeiro premio de 1.300 euros ó traballo:

Título: Exposición de fotografía matemática: debuxando coa luz o coñecemento.

Autor: Carlos Fernández Rodríguez.

Centro: IES Curtis.

A Coruña.

Tres segundos premios de 1.000 euros ós traballos:

Título: Unidade temática: A primavera.

Coord.: Montserrat Fernández Lorenzo.

Centro: CEIP As Forcadas (Corme).

A Coruña.

Título: Arte na aula de 3 anos.

Autora: María Isabel Abelleira Bardanca.

Centro: CEIP Bispo Guerra Campos (Bertamiráns-Ames).

A Coruña.

Título: Unha viaxe polo noso país: proxecto didáctico de aproximación da realidade xeográfica e histórica de España e Galicia ó alumnado inmigrante para dar respostas ás súas necesidades educativas especiais na área de Ciencias Sociais na ESO.

Autor: Daniel Emilio García Sánchez.

Centro: CPI Vicente Otero Valcárcel (Carral).

A Coruña.

Catro terceiros premios de 500 euros ós traballos:

Título: Para que non se repita.

Coord.: María Purificación Pérez Leirós.

Centro: IES Primeiro de Marzo (Baiona).

Pontevedra.

Título: A memoria recuperada.

Autor: Anxo M. Vieites Salgado.

Centro: IES Terra do Xallas (Santa Comba).

A Coruña.

Título: Educación ambiental: Lixo no IES.

Coord.: Celsa Formoso Martínez.

Centro: IES Elviña.

A Coruña.

Título: As matemáticas no currículo.

Coord.: Manuela Saburido Enríquez.

Centro: IES nº 1 Politécnico (Vigo).

Pontevedra.