Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 2003 Páx. 271

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de decembro de 2002 pola que se resolve a concesión dos premios a experiencias e proxectos de promoción de conductas tolerantes ou mellora da convivencia realizados por profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por Orde do 6 de maio de 2002 (DOG do 21 de maio), convocou premios a experiencias e proxectos de promoción de conductas tolerantes ou mellora da convivencia realizados por profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos dentro do marco de impulso á adquisición de hábitos de convivencia democrática e de respecto mútuo co fin de prepara-las persoas para a participación responsable nas distintas actividades e instancias sociais.

Segundo o disposto no artigo 5 da devandita orde, o día 28 de outubro de 2002 constituíuse o xurado encargado de avalia-los traballos presentados, procediendo á súa valoración e levantándose na mesma data acta da proposta de concesión de premios, que se elevou ó conselleiro para a súa aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Concede-los premios a experiencias e proxectos de promoción de conductas tolerantes ou mellora da convivencia realizados por profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, convocados pola Orde do 6 de maio de 2002, ós traballos e profesores que se relacionan no anexo a esta orde.

Segundo.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Premios a experiencias e proxectos de promoción de conductas tolerantes ou mellora da convivencia

Dous primeiros premios de 1.800 euros cada un ós traballos:

Título: Intolerancia 0.

Autor: Domingo Lodeiro Cendán.

Centro: CEIP de Cabanas.

Pontevedra.

Título: Programa para favorecer as relacións interpersoais.

Coord.: Amelia García González.

Centro: IES Monelos.

A Coruña.

Tres segundos premios de 1.200 euros cada un ós traballos:

Título: Sexamos máis tolerantes.

Coord.: María Luisa Abad Abad.

Centro: IES Valentín Paz Andrade de Vigo.

Pontevedra.

Título: Exposición solidaria.

Autora: Ana Fernández Chacón.

Centro: CPI Cernadas de Castro-A Silva-Lousame.

A Coruña.

Título: O centro educativo, foro de convivencia.

Coord.: María Xesús Diéguez Rojo.

Centro: IES de Ponte Caldelas.

Pontevedra.

Tres terceiros premios de 600 euros cada un ós traballos:

Título: A arte de respectar ós demais.

Autor: Manuel Verdes Abella.

Centro: CPR-EFA Fonteboa de Coristanco.

A Coruña.

Título: Seis días, seis causas.

Coord.: Juan Carlos Ferro Pozo.

Centro: Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Pontevedra.

Título: Aprender a convivir.

Coord.: Luisa María del Carmen Braña Rey.

Centro: CEIP Javier Sensat de Vigo.

Pontevedra.