Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 09 de xaneiro de 2003 Páx. 269

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 4 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, do Instituto Galego de Consumo, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, da Dirección Xeral de Saúde Pública, da Dirección Xeral de Xustiza, do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, da Dirección Xeral da Xuventude e do Centro de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente, pola que se resolve a concesión dos premios á innovación educativa sobre os temas transversais convocados pola resolución conxunta do 6 de maio de 2002.

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, en colaboración co Instituto Galego de Consumo, a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, a Dirección Xeral de Saúde Pública, a Dirección Xeral de Xustiza, o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, a Dirección Xeral da Xuventude e o Centro de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente, convocaron por resolución conxunta do 6 de maio de 2002, premios á innovación educativa sobre os temas transversais.

De conformidade co disposto no artigo 6º da devandita resolución conxunta, o día 30 de outubro de 2002 constituiuse o xurado encargado de avalia-los traballos presentados, procedendo á súa valoración e levantándose na mesma data acta da proposta para a súa aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, Instituto Galego de Consumo, a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, a Dirección Xeral de Saúde Pública, a Dirección Xeral de Xustiza, o Servicio Galego de Promoción da Igual

dade do Home e da Muller, a Dirección Xeral da Xuventude e o Centro de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente

DISPOÑEN:

Primeiro.-Concede-los premios á innovación educativa sobre os temas transversais convocados por resolución conxunta do 6 de maio de 2002, ós traballos que se relacionan no anexo á presente resolución.

Segundo.-Declarar desertos os seguintes premios:

-Educación vial (modalidade A).

-Educación para o consumo (modalidade A).

-Prevención do consumo indebido de drogas (modalidades A e B).

-Educación para a saúde (prevención VIH/SIDA e ETS, promoción da vida sen tabaco, saúde bucodental e alimentación e dieta sa) (modalidade A).

-Educación para a paz e a multiculturalidade (modalidade A).

-Educación para a igualdade de ámbolos sexos (modalidade A).

-Educación para o lecer (modalidade A).

Terceiro.-A presente resolución entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Cuarto.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición perante a directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2002.

Mª del Pilar Mar Pérez Marsó

Directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

Manuel Barral Castro

Director xeral de Saúde Pública

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza

Aurora Montes Santa-Olalla

Directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Loreto San Martín Gómez

Directora xeral de Xuventude

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral do Centro de Desenvolvemento Sostible

ANEXO

Premios á innovación educativa sobre os temas transversais.

1. A transversalidade na educación.

Modalidade A:

Título: Aprender a vivir: la transversalidad en la educación.

Autora: María Jesús Buitrago Rubira.

Centro: IES Ribeira do Louro O Porriño.

Pontevedra.

Modalidade B:

Título: ¿Festas ...? Yes, please.

Autora: Rosa María Fernández Sánchez.

Centro CEIP Nétoma-Razo Razo-Carballo.

A Coruña.

2. Educación vial.

Modalidade A:

Deserto.

Modalidade B:

Título: A transversalidade na ed. infantil: unha experiencia de innovación educativa.

Coord.: María Teresa Carballido Salgado.

Centro: CEIP A Solaina Sta. Icia-Narón.

A Coruña.

3. Educación para o consumo.

Modalidade A:

Deserto.

Modalidade B:

Título: Proxecto Vidro.

Coord.: María Carmen Álvarez Casal.

Centro: CEIP Parada-Campañó Campañó.

Pontevedra.

4. Prevención do consumo indebido de drogas.

Modalidade A:

Deserto.

Modalidade B:

Deserto.

5. Educación para a saúde (prevención VIH/SIDA e ETS, promoción da vida sen tabaco, saúde bucodental e alimentación e dieta sa).

Modalidade A:

Deserto.

Modalidade B:

Título: Drogas legais: «Tabaco e alcol».

Coord.: Félix C. Álvarez Fernández.

Centro: CEIP Sobreira-Valadares Vigo.

Pontevedra.

6. Educación para a paz e a multiculturalidade.

Modalidade A:

Deserto.

Modalidade B:

Título: A arte: un camiño para a prevención.

Coord.: María Luisa Márquez Rodríguez.

Centro: IES Luís Seoane Pontevedra.

Pontevedra.

7. Educación para a igualdade de ámbolos sexos.

Modalidade A:

Deserto.

Modalidade B:

Título: Educación non discriminatoria. Actividades para a titoría.

Coord.: Olga Rodríguez López.

Centro: IES Félix Muriel Rianxo.

A Coruña.

8. Educación para o lecer.

Modalidade A:

Deserto.

Modalidade B:

Título: Encontros lúdico-deportivos na escola.

Coord.: Gemma Mª Delgado Rodríguez.

Centro: CEIP Virxe do Camiño Rubia.

Ourense.

9. Educación ambiental.

Modalidade A:

Título: Medio ambiente, unha aposta de futuro.

Coord.: María del Carmen Vallejo Pérez.

Centro: IES Monte da Vila O Grove.

Pontevedra.

Modalidade B:

Título: O monte Galiñeiro.

Coord.: Félix C. Álvarez Fernández.

Centro: CEIP Sobreira-Valadares Vigo.

Pontevedra.