Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 2003 Páx. 258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno do 3-12-2002 o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá a contratación das obras de construcción de 43 urnas no cemiterio municipal de Vilalba, exponse ó público na secretaría deste concello polo prazo de 8 días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de reclamacións.

Simultaneamente anúnciase a contratación da dita obra, se ben no suposto de presentarse reclamacións contra o citado prego, o concurso aprazarase, de ser necesario, ata que sexan resoltas pola corporación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilalba (Lugo).

2. Obxecto do contrato:

a) Execución das sinaladas ó principio deste anuncio.

b) Prazo: 3 meses.

3. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 65.444,59 A, IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: 1.308,89 A.

b) Definitiva: 4% sobre orzamento do contrato.

6. Obtención de documentación e información:

a) Concello de Vilalba (Lugo), praza da Constitución, 1, 27800 Vilalba, teléfono: 982 51 03 05, fax: 982 51 18 15.

b) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Los establecidos no prego de condicións.

b) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite: 13 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Concello de Vilalba, das 10 ás 14 horas.

d) Prazo de mantemento de oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes.

9. Apertura das ofertas:

Concello de Vilalba, o terceiro día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás os sábados, ás 12 horas.

10. Gastos de anuncios:

Serán por conta dos adxudicatarios.

Vilalba, 24 de decembro de 2002.

Agustín Baamonde Díaz

Alcalde