Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 2003 Páx. 258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTA COMBA

ANUNCIO de aprobación de proxecto de urbanización.

Aprobado con carácter inicial pola Comisión de Goberno en sesión extraordinaria do día 20 de

decembro de 2002 o proxecto de urbanización do Plan Parcial Industrial promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo de Galicia, para o desenvolvemento do sector 1 do solo urbanizable do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal, redactado polo arquitecto Jacobo Rodríguez-Losada Allende, sométese a información pública a presente aprobación inicial para efectos da presentación de alegacións, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior tirada da provincia, durante o prazo dun mes que comezará a contarse desde o día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santa Comba, 23 de decembro de 2002.

José Toja Parajó

Alcalde