Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 2003 Páx. 257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).

b) Dependencia: Interior.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: subministración e instalación de elementos para xogos infantís en diversos lugares do termo municipal.

b) Lotes: non.

c) Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

d) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 61.329,50 euros.

5. Garantías:

a) Provisional: 1.226,59 euros (2% do tipo de licitación).

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Redondela (Negociado de Interior).

b) Domicilio: Alfonso XII, nº 2.

c) Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Telefax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo cadrase en sábado ou inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Redondela.

-Domicilio: Alfonso XII, 2.

-Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde o seguinte ó da apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: Alfonso XII, 2.

c) Localidade: Redondela (Pontevedra).

d) Data: o día seguinte hábil, non sábado, ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións:

O modelo de proposición axustarase á correspondente cláusula do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios:

Serán por conta do adxudicatario.

Redondela, 4 de novembro de 2002.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde