Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 2003 Páx. 257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2002 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de abastecemento de auga potable no Outeiro, Mourente.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia tramitadora: Servicio de Contratación.

2. Obxecto:

a) Obxecto: execución das obras do proxecto.

b) Prazo: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento da licitación: 115.936,43 A, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías:

a) Provisional: 2.318,73 A.

b) Definitiva: 4% da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Servicio de Contratación do concello. Praza de España, Pontevedra 36071. Teléfono/fax: 986 80 43 00/86 01 02. Correo: www.contratacion*concellopontevedra.es.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación: cláusula 16ª do prego.

c) Lugar: rexistro xeral do Concello, das 9 ás 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro día seguinte hábil ó do remate do prazo para a presentación das ofertas, ás 9 horas na sala de xuntas.

9. Gastos: cláusula 30 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Pontevedra, 3 de decembro de 2002.

Raimundo González Carballo

Tenente alcalde delegado da área

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral