Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 2003 Páx. 256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión celebrada o 11 de decembro de 2002, aprobou a forma de adxudicación, mediante concurso, para a contratación das actividades de animación sociocultural nos centros municipais do Concello de Lugo para o ano 2003, por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación, consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: é a contratación da realización das distintas actividades que se relacionan

no prego de prescricións técnicas nos centros sociais municipais (Centro Social Municipal de Lamas de Prado, Centro Social Municipal da Milagrosa, Centro Social Municipal de Fingoi, Centro Social Municipal de Uxío Novoneira e Centro Social Municipal do Sagrado Corazón).

b) Prazo de execución: un ano, prorrogable por outro ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación:

Importe total: sinálase como prezo máximo do contrato a cantidade de 148.719,01 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: non se esixe a constitución da garantía provisional.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Enderezo: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo III, subgrupo 8, categoría a) ou dentro do grupo U, subgrupo 7, categoría a).

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula décima do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Enderezo: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): ata un máximo de dúas alternativas ou variantes.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: a apertura de plicas realizaraa, en acto público, a mesa de contratación ó terceiro día hábil posterior ó remate (agás sábado ou festivos) do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: 971,27 euros que serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 16 de decembro de 2002.

María Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D.

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de área