Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 2003 Páx. 259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARMAIOR

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilarmaior.

2. Obxecto do contrato: restauración da igrexa parroquial de Sta. María de Doroña.

3. Prazo de execución: catro meses.

4. Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

5. Orzamento base de licitación: 59.710,55 euros (co IVE).

6. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais, a contar desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas (BOP do 6 de setembro de 2002).

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello de 9 a 13 horas.

8. Apertura das ofertas:

a) Data: o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, agás sábados.

b) Hora: ás trece horas.

9. Gastos de anuncios:

Os gastos deste anuncio serán de conta do contratista que resulte adxudicatario.

Vilarmaior, 19 de decembro de 2002.

José Benito Souto Lourido

Alcalde presidente