Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 2003 Páx. 255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación, por concurso con procedemento aberto, para a execución da obra denominada canalización de augas pluviais e fecais desde monte Alfeirán a Conduzo.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: canalización de augas pluviais e fecais desde monte Alfeirán a Conduzo.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Prazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: 145.098,80 euros, IVE incluído.

7. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

8. Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.

9. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo, Negociado de Contratación.

a) Domicilio: rúa do Concello, nº 12, Tarrío, Culleredo.

b) Código postal, localidade: 15189, Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

e) Fax: 981 67 76 46.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo para presentación de ofertas.

10. Presentación de ofertas: vinteseis días naturais, a contar desde o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio de licitación (BOP ou Diario Oficial de Galicia).

11. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

12. Lugar de presentación: Concello de Culleredo, rexistro xeral, das 9 ás 13 horas.

13. Apertura de ofertas: en acto público o segundo xoves hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas ás 12 horas. Se fose festivo trasladarase ó seguinte xoves hábil.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: rúa do Concello, nº 12, Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

14. Gastos de anuncios: aproximadamente 422,10 euros.

Culleredo, 11 de novembro de 2002.

P.D. (Resolución 22-10-1999, BOP do 13 de novembro)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda,

Patrimonio e Contratación