Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 2003 Páx. 255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello do Grove, na súa sesión do 12 de decembro de 2002, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do vial de acceso ás industrias de Porto Meloxo-Virxe das Mareas.

Faise público de conformidade co artigo 48.2º da Lei 1/1997, significando que, contra o citado acto, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo diante da sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O Grove, 16 de decembro de 2002.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde