Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 2003 Páx. 254

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, anticipado de gasto, para a adquisición de equipamento electromédico con destino ó Hospital Comarcal O Barco de Valdeorras-Ourense (SCS.-02/2003) (22 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde/Sergas-Servicio de Equipamentos (División Xeral de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta en Santiago de Compostela. Teléfonos: 981 54 27 66, 981 54 27 68, 981 54 73 87. Fax: 981 54 27 62. Enderezo Internet: www.sergas.es.

2. Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público, subministración sucesiva, polo trámite de urxencia.

3. a) Lugar de entrega da subministración: Hospital Comarcal O Barco de Valdeorras-Ourense.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: adquisición de equipamento electromédico (22 lotes).

-Orzamento total: trescentos trinta e un mil trescentos once euros IVE incluído (331.311 euros).

LoteDescriciónImporte dos

lotes

1Equipamento hidroterapia3.700 euros

2Equipamento electroterapia e termoterapia18.875 euros

3Equipo presoterapia1.800 euros

4Bisturí eléctrico6.280 euros

5Desfibrilador6.000 euros

6Equipo isquemia automático2.700 euros

7Motor cirúrxico baterías13.200 euros

8Radiocirúrxico59.000 euros

9Sistema de anestesia67.300 euros

10Equipamento electromédico diversos servicios1.450 euros

11Equipamento refrigeración16.800 euros

12Respirador transporte3.000 euros

13Fibroendoscopio nasofarínxeo7.800 euros

14Equipamento endoscopia cirúrxica53.450 euros

15Equipamento laboratorio13.460 euros

16Cabina seguridade biolóxica5.950 euros

17Microscopio11.100 euros

18Tinxidor automático7.270 euros

19Sistema electrofórese2.130 euros

20Guindastre mobilización doentes3.600 euros

21Accesorios endoscopia cirúrxica10.846 euros

22Equipamento litotricia endoscópica15.600 euros

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e/ou proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres (oferta base máis 2 variantes).

4. Prazo de entrega desde a petición: máximo 45 días, excepto o lote: 8 que é de 60 días.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 23 de xaneiro de 2003.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 30 de xaneiro de 2003.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da antedita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade/Sergas edificio administrativo San Lázaro, 2º andar, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que o antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte. 10 de febreiro de 2003.

8. Fianzas e garantías esixidas: a garantía provisional é do 2% do importe da licitación. Ver no punto 9 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver puntos 14 e 15 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata o 31 de decembro de 2003.

13. Criterios que seguirán para adxudica-lo contrato: os establecidos no punto 10 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: admítense variantes.

15. Información complementaria: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

16. Data da publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: 11 de febreiro de 2002.

17. Data de envío do anuncio: 30 de decembro de 2002.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos