Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 2003 Páx. 246

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (263/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 263/2002 por instancia de José Antonio Fraga García contra Construcciones Decos, C.B. sobre salarios, nos que se dictou sentencia con data 20-11-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que, estimando a demanda promovida por José Antonio Fraga García contra Construcciones Decos, C.B. debo condenar e condeno a demandada a que aboe ó demandante a cantidade de 1.365,13 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda. Notifíquese esta resolución as partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso. Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación á empresa Construcciones Decos, C.B., expido e asino a presente cédula na Coruña o 29 de novembro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado