Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 2003 Páx. 246

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (5356/2002).

Por este edicto faise saber que, en providencia dictada no día da data por esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador José Antonio Castro Bugallo, en nome e representación de Asoc. Gallega Mariscadoras y Mariscadores Agamar, contra o Decreto 261, do 30 de xullo de 2002, polo que se aproban as normas reguladoras das confrarías de pescadores e as súas federacións (Diario Oficial de Galicia nº 158, do 19 de agosto).

Recurso número 02/0005356/2002.

A publicación deste anuncio serviralles de emprazamento ás persoas que, non foron notificadas persoalmente e que teñan un dereito ou interese lexítimo no dito recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo de nove días. De o faceren con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 25 de novembro de 2002.

Isabel Freire Corzo

Secretaria