Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 2003 Páx. 246

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (712/2002).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fai saber que neste Xulgado do Social se segue procedemento número 712/2002 por instancia de Marcos Chouza Seijo, contra Promociones Barreiro Leal, S.L., sobre despedimento, estando o acto de conciliación e xuízo sinalado para o vindeiro día 8 de xaneiro de 2003, ás 10.30 horas. Cítase en única convocatoria a empresa Promociones Barreiro Leal, S.L. e o seu representante legal, que tivo o seu enderezo na Rosa nº 22-3º esda. e rúa de Mallou, 60-baixo ambos de Santiago de Compostela, e hoxe en paradoiro descoñecido, para que, xuntando tódolos medios de proba de que intente valerse, compareza neste xulgado, sito en r/ Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir ó acto de conciliación e xuízo correspondente. Advírtese que as sucesivas dilixencias se lle notificarán nos estrados deste xulgado, salvo aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral e fáiselle saber

que a copia da demanda está á súa disposición na secretaría deste xulgado. Requírese a demandada para que presente os seguintes documentos: contrato

de traballo, nóminas desde o 2-11-2002 ata a data do despedimento, certificacións de cotizacións á Seguridade Social dese mesmo período e libro de matrícula do persoal. Cítase, así mesmo, o representante legal da referida empresa cos apercibimentos do artigo 91.3º da Lei de procedemento laboral, en relación co artigo 304 da LAC en relación co artigo 292 da mencionada lei.

E para que conste e sirva de notificación, citación e requirimento á empresa Promociones Barreiro Leal, S.L. e ó seu representante legal, expídese este edicto en Santiago de Compostela o 31 de decembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado