Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 2003 Páx. 219

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo para o sector do comercio de alimentación.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector comercio de alimentación, con nº de código 3600315, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28 de novembro de 2002, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios Maioristas e Retallistas do Comercio de Alimentación de Pontevedra e a Asociación de Supermercados e Autoservicios de Pontevedra (ASAP), e, da parte social, as centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data do 3-9-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de decembro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio comercio alimentación da provincia

de Pontevedra

Artigo 1º.-Ámbito territorial, persoal e funcional.

O presente convenio afecta no seu contido normativo a toda a provincia de Pontevedra, e abrangue tódalas actividades do sector comercio de alimentación, nas que se inclúen maioristas, distribuidores, retallistas, supermercados, autoservicios e similares, e, en xeral, a tódalas empresas dos sectores comercio alimentación e comercio de gandería, rexidas pola Ordenanza laboral do comercio, a cal é aplicable subsidiariamente a todo o establecido no presente convenio e a todo o persoal destas.

Artigo 2º.-Vixencia.

A duración do presente convenio será de dous anos, desde o 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de 2003.

A denuncia do convenio entenderase validamente efectuada por calquera das partes sempre que medie comunicación por escrito á outra parte antes do último mes de vixencia ordinaria do convenio.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas, compensación e absorción.

As melloras económicas pactadas no presente convenio non poderán ser absorbidas nin compensadas por melloras voluntarias anteriores e futuras.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para tódolos/as traballadores/as do sector será de corenta horas semanais, de luns a venres, agás retallista de alimentación, establecementos de cash-almacén, para os que a xornada finalizará o sábado.

Nos almacéns de maioristas poderase ter un retén os sábados de ata un máximo de catro persoas, rotativo e de acordo a empresa co comité; o remate da devandita xornada será ás doce horas.

O día 17 de maio considerarase como día festivo non recuperable.

En tódolos centros de traballo existirá fixado para coñecemento público un calendario-cadro horario sendo obriga das empresas a súa fixación anual con participación e sendo oídos os representantes legais das/os traballadoras/es.

Artigo 5º.-Vacacións.

Tódolos/as traballadores/as gozarán anualmente dunhas vacacións retribuídas de acordo coas seguintes condicións:

1. Terán unha duración de 31 días naturais, independentemente da categoría de cada traballador/a.

2. As vacacións poderanse gozar no transcurso do ano, sendo obrigatorio para a empresa conceder estas, polo menos nun corenta por cento do cadro de persoal durante o período comprendido entre o 15 de maio e o 30 de setembro, de xeito rotativo.

O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O/A traballador/a coñecerá as datas que lle correspondan dous meses antes como mínimo do comezo do desfrute, e anunciarase no taboleiro de anuncios do centro de traballo.

3. Cando o/a traballador/a cese no transcurso do ano, terá dereito á parte proporcional das vacacións.

4. Nos supostos de incapacidade temporal das/os traballadores/as previa ó inicio do período vacacional e xustificadamente, tal contixencia será tida en conta para a fixación dun novo período vacacional que non se vexa afectado pola situación de incapacidade temporal.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

De conformidade co disposto na Lei de xornada máxima, pode ser autorizada polo delegado de Traballo a realización de horas extraordinarias, que se retribuirán para o persoal indistintamente cun aumento do 75%, retribuíndose co 150% as realizadas en domingos e festivos.

Enténdese que tales recargos se establecen con carácter xeral e mínimo podendo ser substituídos por outros superiores.

Os límites máximos de horas extraordinarias serán as seguintes:

* Día: 2 horas.

* Mes: 15 horas.

* Ano: 70 horas.

Artigo 7º.-Licencias e permisos.

O persoal do presente convenio terá dereito a licencia con soldo en calquera dos casos seguintes:

a) Casamento do traballador/traballadora: 15 días.

b) Necesidade de atender persoalmente asuntos propios que non admiten demora: 2 días.

c) Morte ou enterro do cónxuxe, pais, avós, fillos, netos ou irmáns, enfermidade, hospitalización ou accidente grave do cónxuxe, pais, fillos e parto da muller: 3 días, todo iso por consanguinidade ou afinidade ata segundo grao.

En caso de desprazamento por estes motivos da licencia será de 4 días, ampliables a 5 días se o desprazamento é fóra da provincia.

d) As traballadoras por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai no caso de que ámbolos dous traballen.

A concreción horaria e a determinación do período de desfrute do permiso da lactación e da reducción de xornada, corresponderá ó traballador/a, dentro da súa xornada ordinaria. O traballador/a deberá preavisa-lo empresario con 15 días de antelación da data en que se reincorporará á súa xornada ordinaria.

As discrepancias xurdidas entre empresario e traballador/a sobre a concreción horaria e a determinación dos períodos de desfrute previstos serán resoltos pola xurisdicción competente o través do procedemento establecido no artigo 138 bis da Lei de procedemento laboral.

Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de 6 anos ou minusválido físico, psíquico ou sensorial, que non desenvolva unha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional

do salario entre, alomenos un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo, e que non desenvolva actividade retribuída.

A reducción de xornada completada no presente punto constitúe un dereito individual, dos traballadores/as, homes ou mulleres. Non obstante se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

e) Os/as traballadores/as afectados polo presente convenio terán dereito a unha licencia retribuída de 2 días. A dita licencia non poderá ser acumulada en vacacións, pontes ou calquera outra licencia. Tampouco se poderá desfrutar durante o mes de decembro e esta deberá ser solicitada cunha antelación de cinco días. A súa concesión estará supeditada á orde de prioridade da solicitude no caso de coincidencia de datas.

Artigo 8º.-Excedencia.

Poderán solicita-la excedencia voluntaria tódolos traballadores e traballadoras da empresa sempre que leven, polo menos, un ano de servicio.

A excedencia voluntaria concederase por un prazo non inferior a dous anos nin superior a cinco. Este dereito so poderá ser exercitado outra vez polo mesmo traballador/a se transcorresen catro anos desde o final da anterior excedencia; a ningún efecto computarase o tempo que os traballadores/as permanecesen nesta situación.

Ó remate da situación de excedencia o persoal terá dereito a ocupa-la primeira vacante que se produza na súa categoría, se non houbese traballadores/es en situación de excedencia forzosa.

A empresa concederá preceptivamente a excedencia voluntaria por un tempo non superior a un ano, cando medien fundamentos serios, debidamente xustificados, de orde familiar, terminación de estudios, etc.

Perderase o dereito de reingreso na empresa se non é solicitado polo interesado antes de remata-lo prazo que lle foi concedido.

Darán lugar á excedencia forzosa calquera das seguintes causas:

a) Nomeamento para cargo que teña que facer por decreto, por designación ou por cargo electivo.

b) Enfermidade.

c) As traballadoras e traballadores terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo/a tanto que o sexa por natureza ou por adopción ou nos supostos de acollemento tanto permanente como

preadoptivo contado desde a data de nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a un ano, salvo que se estableza unha duración maior por negociación colectiva, os traballadores/as para atende-lo coidado dun familiar, ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo, e non desenvolvan actividade retribuída.

A excedencia contemplada no presente punto constitúe un dereito individual dos traballadores/as, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores/as da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Cando un novo suxeito causante dera dereito a un novo período de excedencia, o inicio desta dará fin ó que, se é o caso, se viñera desfrutando.

O período en que o traballador/a permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para efecto de antigüidade e o traballador/a terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, a participación do cal deberá ser convocado polo empresario, especialmente con ocasión da súa reincorporación. Durante o primeiro ano terán dereito á reserva do seu posto de traballo. Transcorrido o dito prazo a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

Artigo 9º.-Complemento de nocturnidade.

O complemento de nocturnidade percibirase na contía do 25% sobre o salario base de cada categoría. Os traballadores/as de nova contratación percibirano igualmente.

Os traballadores/as que teñan dereito a percibi-lo complemento de nocturnidade, percibirano na contía establecida no texto do convenio e sobre o salario base mensual de trinta días, aboándose a prorrata do tempo traballado. O devandito complemento percibirase no mes de vacacións.

Artigo 10º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado percibirá tres pagas extraordinarias consistente nunha mensualidade dos salarios bases vixentes en cada momento, máis a antigüidade e melloras voluntarias que concedan as empresas. Estas serán aboadas:

A) Paga de verán: o día 18 de xullo.

B) Paga do Nadal: o día 22 de decembro.

C) Paga de beneficios: esta aboarase o día 1 de xaneiro, podendo prorrogarse ata o día 31 de marzo.

Artigo 11º.-Condicións económicas.

O incremento salarial para o 1º ano será dun 3,75% con revisión de carácter retroactivo se o IPC real supera esta cantidade, no ano 2003 o incremento

será dun ano 3,25% e sempre con revisión de carácter retroactivo se o IPC real supera esta cantidade desde xaneiro.

Artigo 12º.-Antigüidade.

Complemento de antigüidade: a contía do complemento de antigüidade será o que o 31 de decembro de 1994 figure en nómina como complemento de antigüidade e aboarase nas 15 mensualidades.

Os/as traballadores/as que o 31 de decembro de 1994 cumpran algún trienio, aboaráselles este cuantificándose a partir da dita data a antigüidade por cuadrienios, que comezarán a percibi-los traballadores/as que a partir da dita data comecen a xerar cuadrienios.

O dito concepto denominado complemento de antigüidade introducirase en nómina, o cal será cotizable, e non será absorbible por ningún outro concepto salarial.

Será aplicado a este concepto o incremento pactado en cada negociación colectiva.

Antigüidade: en concepto de antigüidade, establécense cuadrienios na contía dun 6% sobre o salario do convenio vixente en cada momento e por cada categoría.

Artigo 13º.-Axudas de custo.

Terán dereito a estas tódolos traballadores e traballadoras que, mediante orde expresa do empresario ou persoa que o represente, se vexan obrigados a realizar asuntos ou traballos de carácter profesional por conta e baixo a dependencia da empresa, con desprazamentos a lugares distantes do centro de traballo que lle imposibiliten ó seu regreso e sexa preciso efectuar comidas fóra do seu propio domicilio ou teñan necesidade de se desprazaren a localidades onde tamén esixa a misión encomendada unha permanencia que obrigue a tomar aloxamento.

A súa contía será a seguinte:

Ano 2002Ano 2003

Axuda de custo completa34,4035,52

Xantar11,1511,52

Cama10,2210,55

Almorzo 3,14 3,36

Cea 9,7710,09

Artigo 14º.-Complemento asistencial en caso de enfermidade ou accidente.

Durante a situación de incapacidade temporal as empresas aboarán desde o primeiro día o 100% do salario, podendo resarcirse as empresas coas cantidades que a Seguridade Social aboa como prestación pola dita continxencia.

Suspensión con reserva do posto de traballo.

No suposto de parto, a suspensión terá unha duración de 16 semanas, que se desfrutarán de maneira interrompida, ampliables no suposto de parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo/a a partir do segundo. O período de suspensión distribuirase

a opción da interesada sempre que 6 semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. No caso de falecemento da nai, o pai poderá facer uso da totalidade ou, se é o caso, da parte que reste do período de suspensión.

Non obstante o anterior, e sen prexuízo das 6 semanas inmediatas posteriores ó parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que o pai e nai traballen, esta, ó iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar porque o pai desfrute dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai, salvo que no momento da súa efectividade na incorporación ó traballo da nai supoña un risco para a súa saúde.

Nos supostos de adopción e acollemento tanto preadoptivo como permanente, de menores de ata 6 anos a suspensión terá unha duración de 16 semanas ininterrompidas, ampliable no suposto de adopción ou acollemento múltiple en duas semanas mais por cada fillo a partir do segundo, contadas á elección do traballador/a, ben a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. A duración da suspensión será, así mesmo, de 16 semanas no supostos de adopción e acollemento de menores maiores de 6 anos de idade cando se trata de menores discapacitados ou minusválidos ou que polas súas circunstancias e experiencias persoais ou que por prover do estranxeiro, teñan especiais dificultades de inserción social e familiar debidamente acreditadas polos servicios sociais competentes. No caso de que a nai e o pai traballen, o período de suspensión distribuirase a opción dos interesados, que poderán desfrutalos de xeito

simultáneo ou sucesiva, sempre que con períodos ininterrompidos e cos límites sinalados.

Nos casos de desfrute simultáneo de períodos de descanso, a suma destes non poderá excederse das 16 semanas previstas, nos puntos anteriores ou das que correspondan no caso de parto múltiple.

Os períodos ós que se refiren o presente artigo poderán desfrutarse en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, logo de acordo entre os empresarios e os traballadores/as afectados/as, no termos que regulamentariamente se determinen.

Nos supostos de adopción internacional cando sexa necesario o desprazamento previo dos pais ó país de orixe do adoptado, o período de suspensión, previsto para cada caso no presente artigo, poderá iniciarse ata 4 semanas antes da resolución pola que se constitúe a adopción.

Artigo 15º.-Axuda escolar.

Todo traballador ou traballadora que teña fillos/as de ata dezaseis anos, percibirá por concepto de axuda escolar a contía de 60,44 euros no ano 2002 e 62,40 euros no ano 2003 por cada fillo/a; a dita cantidade aboarase ó comezo do curso. Será requisito indispensable que os fillos figuren como beneficiarios na cartilla da Seguridade Social do traballador/a.

Artigo 16º.-Complemento de incapacidade.

Os traballadores ou traballadoras que teñan algún fillo ou filla subnormal, diminuído físico, ou minusválido, percibirán a contía de 60,65 euros no ano 2002 e 62,63 euros no ano 2003 mensuais por cada fillo/filla que se atope nas referidas circunstancias.

Artigo 17º.-Promoción profesional.

Tódolos/os traballadoras/es que teñan recoñecida a categoría de axudantes de dependenta/e, terán dereito ó ascenso á categoría inmediatamente superior, polo transcurso de catro anos de actividade como axudante de dependenta/e nas empresas de alomenos 30 traballadoras/es.

Artigo 18º.-Pezas de roupa de traballo.

As empresas estarán obrigadas a facilitarlles ós seus productores/productoras un mínimo de dúas pezas de roupa de traballo por ano. Ós choferes e repartidores facilitaráselles uniformes de traballo acondicionados ás temperaturas de verán e inverno así como roupas de auga. O seu uso será obrigatorio.

Igualmente, o persoal terá a obriga de conservala en bo estado; o/a traballador/a estará obrigado a comprala ó seu cargo cando, por abandono ou neglixencia a el ou ela imputable, as estrague de forma clara.

Artigo 19º.-Ingresos.

Terán dereito preferentemente para o ingreso en igualdade de condicións, as persoas que desempeñasen ou desempeñen funcións na empresa con carácter eventual, interino ou contratado por tempo determinado, e tamén os fillos/as dos traballadores/as da empresa, xa estean estes e estas en activo, xubilados ou falecidos.

Artigo 20º.-Período de proba.

O ingreso entenderase provisional mentres non se cumprise o período de proba que, para cada grupo profesional dos enumerados na clasificación profesional, se detalla a seguir:

* Grupo I: 6 meses.

* Grupo II: 3 meses.

* Grupo III: 1 mes.

Artigo 21º.-Medidas disciplinarias.

Nos supostos de medidas disciplinarias por parte da empresa tales como propostas de despedimento, sancións ou amonestacións formais, estas deben ser comunicadas por escrito ó traballador ou traballadora e ó comité de empresa ou delegados correspondentes. Nestes casos, o traballador ou traballadora, se fose chamado ou chamada pola empresa, poderá ser acompañado polos seus lexítimos representantes legais.

Artigo 22º.-Reparto.

As empresas maioristas recomendarán ós seus clientes a necesidade de que os locais onde teña lugar a recepción de mercadorías solicitadas reúnan

as debidas condicións, para tratar de evitar, no posible, tarefas que supoñan excesivo esforzo fisico para os/as traballadores/as.

Artigo 23º.-Traballadores en cámaras de conxelación.

Os/as traballadores/as que traballen en cámaras frigoríficas con permanencia nelas por un tempo como mínimo do 25% da súa xornada laboral, con independencia de que sexa dotado de roupa axeitada ó seu cometido, percibirá un complemento do 25% do seu salario regulamentario.

Artigo 24º.-Retirada do carné de conducir e multas.

En caso de retirada do carné de conducir por causa non imputable ó traballador ou traballadora, a empresa comprométese a lle facilitar ó conductor afectado un posto de traballo idóneo, de acordo coa súa categoría profesional sen que con iso vexa diminuído o seu salario.

A empresa pagará as multas orixinadas por excesos de carga, mal aparcamento no caso de descarga e número de viaxeiros excesivos que teñan a condición de persoal ó servicio da empresa, así como, cando no tacógrafo aparacese un exceso de horario autorizado.

Estes feitos serán responsabilidade da empresa cando proveñan de ordes expresas desta.

Artigo 25º.-Seguridade no posto de traballo.

A todo/a traballador/a que, por calquera causa xustificada non puidese seguir desempeñando o posto de traballo para o que foi contratado, a empresa estará obrigada a lle outorgar un dereito preferente de ocupación das vacantes que existan, sempre e cando as características do posto habilitado sexan aptas ás condicións fisicas ou intelectuais do/a traballador/a.

Artigo 26º.-Afiliación sindical.

A empresa ten o deber de respecta-lo dereito do/a traballador/a á afiliación sindical libre.

As empresas deducirán das nóminas as cotas correspondentes ós afiliados/afiliadas a centrais sindicais. O/A traballador/a interesado/a na relación de tal operación remitiralle á empresa un escrito no que se expresará con claridade a orde de desconto, o sindicato a que pertence e a contía da cota correspondente.

Artigo 27º.-Garantía ad personam.

As condicións laborais pactadas neste convenio, enténdense con carácter de mínimas, e deberán ser respectadas as condicións de todo tipo que veñan desfrutando os/as traballadores/as en canto que sexan máis beneficiosas que as aquí establecidas.

Artigo 28º.-Visitas médicas.

En caso de saídas ó médico, a empresa aboará o tempo empregado cando a visita coincida co horario de traballo. Para o seu aboamento será preceptivo

que o volante estea asinado polo médico, á vez que datado.

Artigo 29º.-Gastos de locomoción.

Tódolos/as traballadores/as percibirán en concepto de complemento de locomoción a cantidade de 49,59 euros no ano 2002 e 51,20 no ano 2003, mensuais. Esta cantidade aboarase nos doce meses do ano.

Artigo 30º.-Comité de empresa.

A empresa facilitará local axeitado, no caso de que dispoñan del, para as reunións e consultas do/a delgado/da ou comité de delegados cos traballadores/as, así coma un taboleiro para poñer comunicacións, avisos, carteis, etc.

De acordo co establecido no artigo 68 e) do Estatuto dos traballadores, as horas retribuídas para a representación dos traballadores/as poderán ser desfrutadas por un ou varios membros dunha mesma organización sindical, sen excede-lo máximo total de horas ás que esta organización sindical teña dereito con base nos seus representantes dentro da empresa concreta na que se propón esta acumulación.

Artigo 31º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación, vixilancia e cumprimento do pactado por ámbalas dúas partes no presente convenio, créase unha comisión paritaria que estará composta da seguinte forma:

* Presidente-secretario: a que o foi do convenio, Pilar Cancelas.

* Cinco vocais representando a parte social.

* Cinco vocais representando a parte económica.

A referida comisión actuará no ámbito da súa competencia, sen invadi-las esferas daqueles organismos e xurisdicións que teñan unha competencia determinada e concreta recoñecida na normativa de convenios colectivos.

Artigo 32º.-Xubilación.

A idade de xubilación obrigatoria será ós 65 anos, sempre e cando se reúnan os requisitos legais para acceder á correspondente prestación. A xubilación voluntaria será ós 64 anos, segundo a normativa legal vixente en cada momento, e de mutuo acordo, empresa e traballador, ós 60 anos, compensando a empresa as diferencias salariais e de cotización á Seguridade Social ata os 65 anos.

Artigo 33º.-Declaración de principios.

Os representantes sociais asinan o presente convenio comprometéndose formalmente a realizar unha maior productividade que axude a supervivencia de tódalas empresas do sector. Por outra banda, a representación enconómica observará o estricto cumprimento do convenio, mellorando as condicións laborais de todo tipo e en xeral dos productores ó seu servicio. Ámbalas dúas partes recoñecen e son conscientes de que son un todo para que a empresa poida proporciona-los elementos que correspondan a cada unha delas.

Artigo 34º.-Partes que o concertan.

Este convenio foi concertado pola Asociación Provincial de Empresarios Retallistas e Maioristas de Alimentación e pola Asociación de Supermercados e Autoservicios de Pontevedra e polas centrais sindicais CIG, UGT, CC.OO., USO e FETICO.

Artigo 35º.-Recoñecementos médicos.

As empresas estarán obrigadas a facilitar un recoñecemento médico obrigatorio con periodicidade mínima dun ano. Os traballadores e traballadoras someteranse voluntariamente ó dito recoñecemento.

Artigo 36º.-Prestación por quilometraxe.

Todos aqueles traballadores e traballadoras que teñan que realizar desprazamentos en vehículo propio en tarefas ou traballos encomendados directamente pola empresa, percibirán 0,17 céntimos de euro por km, respectándose as condicións máis beneficiosas que viñesen desfrutando anteriormente ó asinamento do presente convenio.

O anterior enténdese que non afecta a un traslado voluntario a outro centro de traballo.

Artigo 37º.-Traballadores eventuais.

Todos aqueles traballadores/as temporais e eventuais que a partir do 17 de xuño de 1988 superen tres anos de contratación, nunha ou varias das modalidades temporais de contratación actualmente en vigor, pasarán á situación de fixos.

Para efectos do cómputo da dita duración contaranse os períodos de traballo efectivo, IT na súas distintas clases e duración, e calquera circunstancia que leve consigo unha suspensión temporal do contrato de traballo (coa excepción de calquera tipo de excedencia).

Para estes efectos computarase como tempo traballado, a permanencia en empresas filiais da principal.

O presente artigo non será de aplicación a aqueles traballadores/as que cesen voluntariamente e retornen á empresa ou que sexan contratados ó abeiro do artigo 42º do presente convenio no seu punto c).

Artigo 38º.-Premios por xubilación.

Se ó producirse a xubilación o traballador ou traballadora acreditase unha antigüidade na empresa de máis de trinta anos, percibirá por parte desta nun único pagamento, un premio consistente nunha cantidade igual a unha mensualidade do salario real que viñese percibindo.

Artigo 39º.-Descanso semanal.

Cando por coincidir o día de descanso semanal noutro festivo, o traballador ou traballadora afectado/a se vexa privado do seu disfrute, as empresas veranse na obriga de compensar a este con outro día de descanso en día laborable, nun prazo non superior a quince días, a partir da data do día do que lle correspondese desfrutar.

Artigo 40º.-Dereito de información en materia de contratación.

Recóllese no presente artigo a Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, sobre os dereitos de información dos representantes dos traballadores en materia de contratación. Para a súa aplicación observaranse as seguintes condicións:

1. O presente texto manterá a súa vixencia no convenio ata o momento da derrogación da Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, no que quedará sen efecto.

2. O presente texto recollerá no seu contido calquera modificación que se produza no articulado da citada lei.

Texto da Lei 2/1991, do 7 de xaneiro.

Artigo 1º

1. O empresario entregaralle á representación legal dos traballadores unha copia básica de tódolos contratos que deban celebrarse por escrito, agás os contratos de relación laboral especial de alta dirección, sobre os que se establece o deber de notificación á representación legal dos traballadores.

Co fin de comproba-la adecuación do contido do contrato á legalidade vixente, esta copia básica conterá tódolos datos do contrato agás o número do documento nacional de identidade, o domicilio, o estado civil e calquera outro que, de acordo coa Lei orgánica 1/1992, do 5 de maio, puiderá afectar á intimidade persoal.

A copia básica será entregada polo empresario, nun prazo non superior a dez días desde a formalización do contrato ós representantes legais dos traballadores, os que a asinarán para os efectos de acreditaren que se produciu a entrega. Posteriormente, a referida copia básica enviarase á oficina de emprego.

Nos contratos suxeitos á obriga do rexistro no Inem, a copia básica remitirase xunto co contrato á oficina de emprego. Nos restantes supostos remitirase exclusivamente a copia básica.

2. O empresario notificaralles ós representantes legais dos traballadores as prórrogas dos contratos de traballo ós que se refire o número 1, así como as denuncias correspondentes a estes no prazo dos dez días seguintes a quen teña lugar.

3. Os representantes legais dos traballadores/as deberán recibir, polo menos trimestralmente, información respecto das previsións do empresarios sobre celebración de novos contratos, indicando o número destes e as modalidades e tipos de contratos que serán utilizados, así como dos supostos de subcontratación.

Artigo 2º

Os representantes da Administración, así como os das organizacións sindicais e os das asociacións empresariais que teñan acceso á copia básica do contrato, en virtude da súa pertenza ós órganos de participación institucional que regulamentariamente

teñan tales facultades, observarán sixilo profesional, e non poderán utiliza-la dita documentación para fins distintos dos que motivaron o seu coñecemento.

Artigo 3º

1. O empresario, con ocasión da extinción do contrato, comunicaralle ós traballadores/as a denuncia ou, se é o caso, o preaviso da súa extinción, e deberá xuntar unha proposta de documento de liquidación das cantidades que se deben.

O/A traballador/a poderá solicita-la presencia dun representante legal dos traballadres/as no momento de proceder ó asinamento do recibo de liquidación, facéndose constar nel o feito do seu asinamento en presencia dun representante legal dos traballadores, ou ben que o traballador non fixo uso desta posibilidade. Se o empresario impedise a presencia do representante no momento da sinatura, o/a traballador/a poderá facelo constar no propio recibo, para os efectos oportunos.

2. A liquidación dos salarios que correspondan ós traballadores fixos descontinuos, nos supostos de conclusión de cada período de actividade, levarase a cabo con suxeición ós trámites e garantías establecidas no número anterior.

Artigo 41º.-Clasificación do persoal.

O persoal ó servicio das empresas afectadas por este convenio colectivo, quedará encadrado nalgúns dos seguintes grupos profesionais, en función das súas titulacións académicas, aptitudes profesionais e contido xeral da prestación laboral requirida.

As definicións contidas para cada grupo profesional non son exhaustivas senón meramente enunciativas.

Grupo I.

Están abranguidos neste grupo aqueles/as traballadores/as que coordina, dirixen, establecen e crean políticas xerais, prácticas normativas e procedimentos amplos, co alto grao de autonomía a partir de directrices xerais. Exercen a supervisión a través de mandos intermedios, co fin de consegui-los obxectivos operacionais marcados.

Grupo II.

Están abranguidos neste grupo aqueles/as traballadores/as cunha actividade que se desenvolve baixo especificacións precisas e con certo grao de autonomía, podendo coordina-lo traballo dun equipo, e para o seu desenvolvemento requírese unha pericia ou habilidade sistemática en actividades ou procesos técnicos, comerciais, informáticos ou administrativos, estando ou non estandarizados.

Grupo III.

Están abranguidos neste grupo todos aqueles/as traballadores/as en postos que se executen baixo instruccións concretas con dependencia xerárquica e funcional total. Esíxese o coñecemento total do oficio, e as funcións poden implicar incomodidade temporal ou esforzo físico.

A precedente definición de grupos profesionais non implica a derrogación das categorías profesionais e a súa definición funcional contidas na vixente Ordenanza laboral de comercio.

Artigo 42º.-Modalidades de contratación.

a) Contrato de formación.

Terá unha duración máxima de tres anos, cun salario do 90, 95 e 100% para o primeiro, segundo e terceiro ano, respectivamente, e en relación co salario base da súa categoría profesional.

b) Contratos en prácticas.

A retribución dos traballadores/as cun contrato en prácticas será do 100% do salario base da súa categoría profisional. A duración máxima deste contrato será de dous anos.

c) Contratos eventuais por circunstancias do mercado.

A duración máxima deste contrato será de 12 meses dentro dun período de 18 meses, cunha indemnización dun día de salario por mes traballado se o contrato é superior a seis meses. Os contratos celebrados antes da entrada en vigor do presente convenio continuarán rexéndose pola normativa vixente da data na que se celebraron.

d) Contrato a tempo parcial.

Esta modalidade contractual non poderá exceder na súa duración dos 2/3 da xornada máxima legal establecida.

e) Contrato de obra e servicio.

Este contrato será utilizado única e exclusivamente para aperturas de novos establecementos. Exclúese a posibilidade de celebralo máis dunha vez co mesmo traballador/a cando este contrato ten por obxecto a creación de novos establecementos comerciais.

A súa duración máxima será de dous anos e establécese unha indemnización por fin de contrato dun día por mes traballado, prorrateándose por meses os períodos inferiores.

Artigo 42º bis.-Estabilidade no emprego.

As empresas deste sector que conten con máis de 30 traballadores/as terán un cadro de persoal co 60% de emprego fixo.

Así mesmo, de acordo co establecido na letra B punto 2º da disposición adicional I da Lei 63/1997, ámbalas dúas partes coinciden en que durante toda a vixencia deste convenio será posible a conversión de tódolos contratos temporais no contrato para o fomento da contratación indefinida regulamentado na devandita disposición.

Artigo 43º.-Mobilidade xeográfica.

a) Desprazamento: as empresas poderán despraza-lo seu persoal a outros centros de traballo distintos a aquel en que presten os seus servicios, fundamentando o dito desprazamento en razóns técnicas, organizativas, de producción ou de contratación.

b) Traslado: enténdese por traslado ou desprazamento a outro centro de traballo o que implique un cambio de domicilio. Un desprazamento implica cambio de domicilio cando o centro de traballo de novo destino diste máis de 40 km do seu centro actual ou do seu domicilio actual.

Para os supostos de traslados de persoal polos motivos establecidos na lei, establécense os seguintes mecanismos:

-Negociación preceptiva coa representación legal dos/as traballadores/as.

-Intervención dos mecanismos de AGA e, en caso de desacordo, da comisión paritaria.

-Recuperación do posto de traballo anterior en caso de laudo ou sentencia favorable.

-Preaviso de 45 días.

-Prazo de incorporación ó novo centro de traballo de 30 días.

-Os traslados non terán unha duración inferior a 12 meses nun período de tres anos.

-Se por traslado un dos cónxuxes cambia de residencia, o outro, se fose traballador/a da mesma empresa, terá dereito ó traslado á mesma localidade.

Os casos de traslado darán lugar ó devengo por parte do traballador/a trasladado dos seguintes conceptos compensatorios:

-Billete para o traballador/a e os familiares que vivan ás súas expensas.

-Transporte de mobiliario, roupa e utensilios de fogar.

-Indemnización consistente en dúas veces o salario base mensual de categoría profesional, nun único pagamento.

-Compensación durante doce meses da diferencia do custo da vivenda en alugueiro (vivenda das mesmas características).

-Notificada a decisión de traslado, o/a traballador/a poderá optar pola extinción do seu contrato, percibindo unha indemnización de 40 días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos inferiores a un ano e cun máximo de 30 mensualidades.

Artigo 44º.-Réxime disciplinario para o acoso sexual.

Todo comportamento ou situación que atente contra o respecto á intimidade e/ou contra a liberdade dos/as traballadores/as, conductas de acoso sexual verbais ou físicos, serán conceptuadas como faltas moi graves, graves ou leves en función da repercusión do feito (poderá seguirse o réxime disciplinario establecido no acordo para a substitución da ordenanza do comercio). Nos supostos en que se leve a cabo servíndose da súa relación xerárquica coa persoa e/ou con persoas con contrato laboral non indefinido, a sanción aplicarase no seu grao máximo.

O comité de empresa, os/as delegados/as de persoal, sección sindical e a dirección da empresa, velarán polo dereito á intimidade do traballador/a afectado/a, procurando silencia-la súa identidade, cando así sexa preciso.

Artigo 45º.-Igualdade no traballo.

Respectarase o principio de igualdade no traballo para tódolos efectos, non admitirá discriminización por razón de sexo, idade, ideoloxía, raza, minusvalía, etc.

Artigo 46º.-Cláusula de submisión ó AGA.

Diante da importancia que pode ter para a resolución dos conflictos laborais a elaboración do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e as organizacións sindicais CIG, CC.OO., UGT, as partes asinantes deste convenio durante a súa vixencia acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que estean formuladas.

Artigo 47º.-Prevención de riscos laborais.

-Formación e crédito horario dos delegados de prevención.

O presente punto ten como fundamento o desenvolvemento das facultades que a negociación colectiva concede á disposición adicional 7ª do Real decreto 39/1997, polo que se aproba o Regulamento do servicio de prevención na que se di que «na negociación colectiva poderán establecerse os criterios polos que se decida o tempo e os medios de que dispoñerán para o desempeño da súa actividade os traballadores/as designados polas empresas e os delegados de prevención, en canto á planificación e formación e materia preventiva».

Así, establécese que no suposto de que a empresa non estea obrigada e non opte pola constitución dun servicio de prevención propio ou mancomunado, nin recorra a un servicio de prevención alleo, e a excepción daquelas empresas en que o empresario poida asumir persoalmente a actividade de prevención, os/as delegados/as de prevención recibirán a mesma formación que os traballadores designados pola empresa para se ocuparen da actividade preventiva.

A formación mínima, neste caso, será a sinalada no artigo 34 do Regulamento como funcións de nivel básico, co contido resinado no punto B do anexo IV do mencionado Regulamento do servicio de prevención.

Nos demais casos, con independencia da modalidade de servicio de prevención que as empresas teñan, o empresario deberá proporcionarlles ós/ás delegados/as de prevención os medios e a formación en materia preventiva que resulten necesarios para o exercicio das súas funcións.

A formación deberá ser facilitada polo empresario polos seus propios medios ou mediante concerto con organismos ou entidades especializadas na materia

que deberán adaptarse á evolución dos riscos e aparición doutros novos, repetíndose periodicamente se fose necesario.

O tempo empregado no desempeño das súas funcións polos/as delegados/as de prevención, como sinala o artigo 37 da Lei de prevención de riscos laborais, estará incluído no crédito horario que lle corresponda pola súa condición de representante legal, dos traballadores/as, non obstante, non se imputará ó citado crédito horario o tempo empregado nos seguintes cometidos:

a) As reunións convocadas polos comités de seguridade e saúde.

b) As reunións convocadas polo empresario en materia de prevención de riscos.

c) Acompaña-los técnicos nas avaliacións de carácter preventivo do ambiente de traballo.

d) Acompaña-los inspectores de Traballo e Seguridade Social nas visitas que realicen ós centros de traballo para comproba-los cumprimentos da normativa sobre prevención de riscos laborais.

e) As visitas ós centros de traballo para coñece-las circunstancias que deran lugar a un dano na saúde dos traballadores/as unha vez que o empresario lles informara de tal acontecemento. Neste caso, os/as delegados/as de prevención deberán emitir informe detallando as características da visita efectuada e unha copia deste seralle entregada ó empresario.

-Formación xeral sobre prevención de riscos laborais.

Tal e como especifica o artigo 19 da Lei de prevención de riscos laborais, deberase garantir que cada traballador/a reciba unha formación teórica e práctica suficiente e axeitada en materia preventiva, tanto no momento da súa contratación, como cando se produzan cambios nas funcións que desenvolva ou se introduzan novas tecnoloxías ou cambios nos equipos de traballo.

A formación centrarase no posto de traballo ou función de cada traballador/a, adaptarase á evolución dos riscos e repetirase periodicamente cando sexa necesario.

En virtude do exposto, tódalas empresas incluídas no ámbito de aplicación deste convenio deberán facilitar unha formación que reúna as seguintes características fundamentais:

a) Obxectivo: coñecemento por parte dos traballadores/as dos conceptos básicos en materia de prevención de riscos laborais e primeiros auxilios, cumprindo así o establecido nos artigos 19 e 20 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais.

b) Destinatarios: tódolos traballadores/as.

c) Contido:

-Aspectos xerais da prevención de riscos laborais.

-Riscos xerais do centro de traballo.

-Riscos específicos do posto de traballo.

-Actuación diante de posibles emerxencias.

d) Periodicidade: a incorporación dos traballadores/as á empresa, así como cando se produza un cambio de posto de traballo en calquera outra circunstancia, que aconselle a actualización desta formación.

e) Equipos de protección individual e a súa utilización.

Paralelamente á formación que se imparta ós traballadores/as e cando non se poida eliminar ou limita-lo risco por outros medios, deberán utizarse equipos de protección individual, como marca o artigo 17 da Lei de prevención de riscos laborais.

Os equipos de protección individual necesarios identificaranse a partir das avaliacións de riscos que se realicen na empresa.

Cada posto de traballo terá determinado o tipo de equipo de protección individual que será obrigatorio ou recomendable utilizar segundo a tarefa que se estea realizando, e vixiarase tanto que estes equipos cumpran os requisitos marcados na lexislación vixente, coma a súa utilización por parte dos interesados/as.

f) Avaliación e saúde dos traballadores/as:

A vixilancia da saúde dos traballadores/as ten como obxectivos fundamentais o poder actuar precozmente diante de alteracións da saúde destes, así como o control do medio de traballo a través das consecuencias que ten sobre eles. Por iso, as empresas garantiranlles ós traballadores o seu servicio a vixilancia periódica da súa saúde, en función dos riscos inherentes ó seu traballo.

Os/as traballadores/as que así o desexen serán sometidos a recoñecementos nos que se revise o seu estado de saúde nos seguintes supostos:

1º Cando se incorporen a un posto de traballo.

2º Despois dunha ausencia prolongada.

3º A intervalos periódicos que se determinen nos protocolos sobre a vixilancia da saúde que sexan elaborados pola Administración sanitaria.

Estes recoñecementos realizaranse tendo en conta os riscos específicos cos que se atopan expostos os traballadores no seu posto de traballo, e os resultados terán a privacidade marcada no artigo 22 da Lei de prevención de riscos laborais.

As empresas e os/as traballadores/as en materia de seguridade e saúde laboral respectarán e cumprirán o establecido na Lei de prevención de riscos laborais e nos regulamentos que a desenvolven, permanecendo en vigor o establecido neste artigo durante toda a vixencia da citada lei. Así mesmo, o contido do artigo sufrirá as modificacións que á súa vez afecten á lei ou ós seus regulamentos.

Disposicións transitorias

Primeira.-Ámbalas dúas partes comprométense a inicia-la negociación do convenio colectivo a partir da segunda quincena do mes de xaneiro de cada ano.

Segunda.-As partes asinantes deste convenio amosan a súa vontade de que a figura contractual prevista no artigo 42 C) se instrumentalice de acordo coa declaración de motivos contida nel. Para tal efecto a comisión paritaria do convenio fará un seguimento específico, nos termos previsto no artigo 31 do propio texto, a través de reunións que se celebrarán por instancia de cada unha das partes asinantes.

Táboa salarial ano 2002

PesetasEuros

Grupo profesional I

Nivel salarial A

* Categorías incluídas

Xefe/xefa de división135.205812,60
Xefe/xefa de sección administrativa135.205812,60
Xefe/xefa de persoal135.205812,60
Xefe/xefa de compras135.205812,60
Xefe/xefa de división135.205812,60
Xefe/xefa de vendas135.205812,60
Encargado/a xeral135.205812,60

Nivel salarial B

* Categorías incluídas

Xefe/xefa administrativo/a130.462784,09
Xefe/xefa de almacén130.462784,09
Contable-caixeiro/a130.462784,09
Oficial administrativo/a130.462784,09
Operador/a de máquinas contables130.462784,09

Grupo profesional II

Nivel salarial A

* Categorías incluídas

Prof. de oficio de 1ª-chofer 1ª125.720755,59
Xefe/xefa de grupo125.720755,59
Viaxante125.720755,59
Xefe/xefa de supermercado125.720755,59

Nivel salarial B

* Categorías incluídas

Corredor de praza120.970727,04
Vendedor/a, poxador/a, comprador/a120.970727,04
Dependente/a maior120.970727,04
Xefe/a de sección mercantil120.970727,04
Encargado/a de establecemento120.970727,04
Secretaria/o120.970727,04
Debuxante/a120.970727,04
Xefe/xefa de sección de servicios120.970727,04
Visitador/a120.970727,04
Xefe/xefa de taller120.970727,04

Grupo profesional III

Nivel salarial A

* Categorías incluídas

Aux. caixa maior 25 anos***120.970727,04
Profesional oficial 2ª-chofer 2ª118.599712,79
Capataz116.229698,55
Auxiliar116.229698,55
Dependente/a116.229698,55
Aux. administrativo/a ou perforista116.229698,55
Mozo/a especializado/a116.229698,55
Escaparatista116.229698,55
Mozo/a116.229698,55

Nivel salarial B
Auxiliar de caixa 20-22 anos***112.271674,76
Auxiliar de caixa112.271674,76
Axudante112.271674,76

Nivel salarial C
Axudante/a109.115655,79
Telefonista109.115655,79
Vix., sereno, ordenanza e porteiro/a109.115655,79
Cobrador/a109.115655,79

PesetasEuros

Cosedor/a de sacos109.115655,79
Conserxe109.115655,79
Empaquetador/a109.115655,79
Persoal de limpeza109.115655,79
Aprendices (salario segundo texto do convenio)

(***) contratados/as antes do 13-9-1994

Táboa salarial ano 2003

PesetasEuros

Grupo profesional I

Nivel salarial A

* Categorías incluídas

Xefe/xefa de división139.599839,01
Xefe/xefa de sección administrativa139.599839,01
Xefe/xefa de persoal139.599839,01
Xefe/xefa de compras139.599839,01
Xefe/xefa de división139.599839,01
Xefe/xefa de vendas139.599839,01
Encargado/a xeral139.599839,01

Nivel salarial B

* Categorías incluídas

Xefe/xefa administrativo/a134.702809,58
Xefe/xefa de almacén134.702809,58
Contable-caixeiro/a134.702809,58
Oficial administrativo/a134.702809,58
Operador/a de máquinas contables134.702809,58

Grupo profesional II

Nivel salarial A

* Categorías incluídas

Prof. de oficio de 1ª-chofer 1ª129.806780,15
Xefe/xefa de grupo129.806780,15
Viaxante129.806780,15
Xefe/xefa de supermercado129.806780,15

Nivel salarial B

* Categorías incluídas

Corredor de praza124.901750,67
Vendedor/a, poxador/a, comprador/a124.901750,67
Dependente/a maior124.901750,67
Xefe/a de sección mercantil124.901750,67
Encargado/a de establecemento124.901750,67
Secretaria/o124.901750,67
Debuxante/a124.901750,67
Xefe/xefa de sección de servicios124.901750,67
Visitador/a124.901750,67
Xefe/xefa de taller124.901750,67

Grupo profesional III

Nivel salarial A

* Categorías incluídas

Aux. caixa maior 25 anos***124.901750,67
Profesional oficial 2ª-chofer 2ª122.453735,96
Capataz120.006721,25
Auxiliar120.006721,25
Dependente/a120.006721,25
Aux. administrativo/a ou perforista120.006721,25
Mozo/a especializado/a120.006721,25
Escaparatista120.006721,25
Mozo/a120.006721,25

Nivel salarial B
Auxiliar de caixa 20-22 anos***115.920696,69
Auxiliar de caixa115.920696,69
Axudante115.920696,69

Nivel salarial C
Axudante/a112.661677,11
Telefonista112.661677,11
Vix., sereno, ordenanza e porteiro/a112.661677,11
Cobrador/a112.661677,11
Cosedor/a de sacos112.661677,11
Conserxe112.661677,11
Empaquetador/a112.661677,11
Persoal de limpeza112.661677,11
Aprendices (salario segundo texto do convenio)

(***) contratados/as antes do 13-9-1994

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE