Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 2003 Páx. 194

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 27 de decembro de 2002 pola que se aproba o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o ano 2003.

Galicia é unha comunidade eminentemente pesqueira e os seus bancos marisqueiros teñen un potencial productivo que permiten o desenvolvemento profesional dun colectivo importante. A explotación dos recursos pesqueiros ten como obxectivo a conservación do recurso e a súa rendibilidade económica.

O Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, establece no seu artigo 3 que a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura aprobará, con carácter anual, un plan xeral de explotación marisqueira.

O mecanismo de elaboración do plan xeral permítelles ás entidades asociativas do sector participar na responsabilidade da xestión dos recursos.

Así, preséntanse plans de explotación para as autorizacións e zonas de libre marisqueo nas que se mellora a explotación con respecto ás normas de libre marisqueo.

Sen prexuízo do exposto, a Administración, co obxecto de tutela-la mellora da producción, require os informes técnicos necesarios respecto de tódolos aspectos esenciais para acadar tal fin. Se é necesario, á vista destes informes, requirirase a modificación do plan presentado, o que se recolle na proposta de resolución que se incorpora no procedemento antes da aprobación definitiva mediante a publicación desta orde. Sen prexuízo do anterior, mediante resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños poderanse dicta-las instruccións de desenvolvemento que se consideren necesarias para acada-los obxectivos do plan xeral.

Desde a convicción de que é obriga da Administración promove-la cooperación na xestión dos recursos específicos, encamiñada a propiciar unha conducta responsable de tódalas persoas involucradas, e de maximiza-lo benestar para as poboacións que dependen destes recursos, no ano 2002 tratouse de integrar en plans conxuntos certos plans de explotación pouco aplicables ou incompatibles entre si.

Estas propostas elaboradas pola Administración foron desenvolvidas adecuadamente e, na maioría dos casos, foron asumidas polo sector, de xeito que as propias entidades conservaron propostas de plans conxuntos para o 2003.

A orde regula así mesmo a veda dos diferentes crustáceos, de forma que se poidan adoptar anualmente as medidas necesarias de conservación tendo en conta os datos científicos máis fidedignos. Así, os informes dos servicios técnicos que analizan a evolución dos catro últimos anos das especies de centola e boi, nécora e santiaguiño veñen confirma-los os períodos de extracción implantados no ano 2002, que este ano se axustan en función do estado de madurez e aparición de femias portadoras de ovas, co fin de preserva-las especies favorecendo as súas posibilidades de reproducción.

Por outro lado hai que ter en conta que o accidente sufrido polo petroleiro Prestige fronte ás nosas costas, en novembro de 2002, tivo graves consecuencias para o estado dos recursos marisqueiros. O calendario de elaboración dos plans de explotación obrigou a emiti-los informes técnicos inmediatamente antes deste accidente, polo que, aínda que estes informes constitúen un valiosísimo elemento para cuantifica-la afección da vertedura ó recurso, deben ser relativizados en canto ás zonas ou especies que efectivamente sufriron danos a consecuencia da contaminación. Así, aínda que algúns dos plans que agora se aproban prevén o inicio da actividade marisqueira xa nos primieros días do mes de xaneiro, a súa execución deberá de condicionarse á progresiva recuperación dos bancos marisqueiros.

Polo tanto, examinados os plans de explotación, remitidos polas entidades marisqueiras titulares de autorizacións, consultadas as entidades na elaboración das normas relativas a zonas de libre maris

queo e vistos os informes biolóxicos emitidos polos técnicos desta consellería e de conformidade co disposto no citado decreto regulador,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Autorizacións marisqueiras.

1. De acordo co previsto no artigo 3 do Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, apróbanse os seguintes días máximos e épocas probables de extracción para o ano 2003 relativas ás zonas en réxime de autorización administrativa. Os plans que agora se aproban desenvolveranse conforme as instruccións que posteriormente se dicten, de seren necesarias.

-Plan de ameixa fina, babosa e xaponesa da confraría de pescadores do Vicedo.

Días máximos de extracción: 6 para ameixa fina, 6 para ameixa babosa e 4 para ameixa xaponesa.

Puntos de control: zona de producción.

Puntos de venda: lonxa do Vicedo

Épocas probables de extracción: abril, agosto, setembro e decembro.

Zona de traballo: de Punta Espiñeira a San Roque.

-Plan de berberecho da confraría de pescadores do Vicedo.

Días máximos de extracción: 11.

Punto de control: zona de producción.

Punto de venda: lonxa do Vicedo.

Épocas probables de extracción: marzo, abril, xullo, agosto e decembro.

Zona de traballo: praia de Vilabril.

-Plan de coquina e berberecho da confraría de pescadores do Vicedo.

Días máximos de extracción: 54.

Punto de control: caseta de Arealonga.

Punto de venda: lonxas do Vicedo e do Barqueiro.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, de setembro a decembro.

Zona de traballo: praia de Arealonga e Lombo das Navallas.

-Confraría de pescadores do Barqueiro-Bares.

Días máximos de extracción: 40.

Puntos de control: praia de Lama, peirao de San Fiz, Ponte Vella, Fabriquín e os dous peiraos do Barqueiro.

Puntos de venda: lonxa do Barqueiro.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho, caramuxo e ostra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Espasante.

Días máximos de extracción: 90.

Puntos de control: Ortigueira, Punta Cabalar, Ladrido e Lagarea.

Puntos de venda: lonxa de Ortigueira.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho e caramuxo.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Cariño.

Días máximos de extracción: 87.

Puntos de control: Punta Fornelos, Punta Promontorio e Punta Figueroa.

Punto de venda: lonxa de Cariño.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho e ostra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Ferrol.

Días máximos de extracción: 122.

Puntos de control: A Cabana.

Punto de venda: A Cabana e lonxa da Gándara.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, xullo a decembro.

-Plan conxunto para As Pías das confrarías de pescadores de Ferrol e Barallobre.

Zona de traballo: banco das Pías.

Días máximos de extracción: 209.

Puntos de control: lanchas de vixilancia das confrarías.

Punto de venda: lonxas da Gándara e de Barallobre.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Barallobre.

Días máximos de extracción: 99.

Puntos de control e venda: lonxa de Barallobre.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Mugardos.

Días máximos de extracción: 88

Punto de control e punto de venda: A Barca e Casa do Reló

Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Ares.

Días máximos de extracción: 36.

Puntos de control: confraría de Ares.

Punto de venda: lonxas autorizadas.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo, xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Pontedeume.

Días máximos de extracción: 67 a pé; 57 desde embarcación.

Puntos de control: rampla do paseo marítimo e rampla de acceso ó peirao da lonxa.

Punto de venda: lonxa da confraría.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.

Épocas probables de extracción:

A pé: de xaneiro a abril, agosto, de outubro a decembro.

Desde embarcación: de xaneiro a marzo, novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Miño.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: O Pedrido e peirao de Miño (praia pequena).

Punto de venda: lonxas ou puntos de venda autorizados.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho, ostra e caramuxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de agosto a decembro.

-Confraría de pescadores de Sada.

Días máximos de extracción: 40.

Puntos de control: praia de Sada.

Punto de venda: lonxa de Sada.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.

Épocas probables de extracción: xullo, agosto, setembro, outubro e decembro.

-Confraría de pescadores da Coruña.

Días máximos de extracción: 80 a pé; 120 desde embarcación.

Puntos de control e venda: lonxa da confraría en Perillo (Oleiros).

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, berberecho e ostra plana.

Épocas probables de extracción:

A pé: de xaneiro a maio, e de setembro a decembro.

Desde embarcación: xaneiro e febreiro, e de setembro a decembro.

-Asociación de Mariscadores Fonte de Santa Helena de Baldaio.

Días máximos de extracción: 30.

Puntos de control e venda: Fonte Santa Helena.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ostra e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, e de xullo a decembro.

-Agrupación de mariscadores Río Anllóns.

Días maximos de extracción: 76.

Puntos de control: Pedras de Cambón, Ourixeira, O Pendón e Lodeiro.

Puntos de venda: Pedras de Cambón.

Especies: ameixa fina, ameixa xaponesa, berberecho e caramuxo.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Camariñas.

Días máximos de extracción: 162 (caramuxo 154).

Puntos de control: Ariño, Monte da Mina e A Paxariña.

Punto de venda: lonxa de Camariñas.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho e caramuxo.

Épocas probables de extracción: xaneiro e decembro.

-Confraría de pescadores de Muros.

Días máximos de extracción: 85 a pé; 80 desde embarcación.

Puntos de control:

A pé .- Anido, Bornalle e Liñares.

Desde embarcación: peirao de Muros e Salgueiro.

Punto de venda: lonxas de Muros e Esteiro.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa rubia, ameixa bicuda, berberecho, reló e carneiro.

Épocas probables de extracción:

A pé: xaneiro a marzo; de xullo a setembro, novembro e decembro.

Desde embarcación: xaneiro a marzo, e decembro.

-Confraría de pescadores de Noia.

Días máximos de extracción: 100 a pé; 132 desde embarcación.

Puntos de control:

A pé: S. Cosme, Misela e Broña.

Desde embarcación: Testal, Misela e O Freixo.

Puntos de venda: lonxas de Testal e O Freixo.

Especies: berberecho, ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e caramuxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de setembro a decembro.

-Confraría de pescadores de Noia.

Días máximos de extracción: 37

Puntos de control: embarcacións de vixilancia da confraría.

Puntos de venda: lonxas de Testal e O Freixo.

Especies: ostra.

Épocas probables de extracción: xaneiro e decembro.

-Confraría de pescadores de Carreira-Aguiño.

Días máximos de extracción: 190.

Puntos de control: Illa de Sálvora, Vionta, Noro, praia de Carreira e peirao de Aguiño.

Punto de venda: lonxa de Aguiño.

Especies: ameixa babosa, ameixa rubia, carneiro e reló.

Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo, xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Ribeira.

Días máximos de extracción: 193 para ameixa rubia; 128 para ameixa babosa, 44 para ostra.

Puntos de control: Coroso, Insua, Égoas, Touro, Airo, Castiñeiras e lonxa de Ribeira.

Punto de venda: lonxa de Ribeira.

Especies: ameixa babosa, ameixa rubia e ostra.

Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo; e de xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Palmeira.

Días máximos de extracción: 90 a pé; 240 desde embarcación.

Puntos de control:

A pé: peirao de Palmeira.

Desde embarcación: lancha de vixilancia.

Puntos de venda: lonxas de Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponesa, ameixa bicuda, ameixa rubia, berberecho, carneiro e reló.

Épocas probables de extracción:

A pé: xaneiro, febreiro; xuño a decembro.

Desde embarcación: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores da Pobra do Caramiñal.

Días máximos de extracción: 205 a pé; 130 desde embarcación.

Puntos de control: Areal, Pozos, Friscos.

Punto de venda: lonxa da confraría da Pobra do Caramiñal.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, ameixa rubia, berberecho, carneiro e reló.

Épocas probables de extracción:

A pé: xaneiro a setembro; novembro e decembro.

Desde embarcación: xaneiro, de maio a setembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Cabo de Cruz.

Días máximos de extracción: 137 a pé; 187 desde embarcación.

Puntos de control:

A pé: praia de Barraña, Retorta, Chazo e Mañóns.

Desde embarcación: lancha de vixilancia.

Punto de venda: lonxa de Cabo de Cruz.

Especies: ameixa babosa, ameixa bicuda, ameixa rubia, ameixa fina, ameixa xaponesa, reló, berberecho e carneiro.

Épocas probables de extracción:

A pé: de xaneiro a marzo; de xuño a decembro.

Desde embarcación: de xaneiro a marzo; xuño a setembro, novembro e decembro.

-Sociedade Cooperativa Limitada Ría de Arousa.

Días máximos de extracción: 209.

Puntos de control: Fontenla e Portomouro.

Punto de venda: lonxas e puntos de venda autorizados.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro a maio, e de agosto a decembro.

-Confraría de pescadores de Rianxo.

Días máximos de extracción: 186 a pé; 140 desde embarcación.

Puntos de control:

A pé: zona de producción.

Desde embarcación: plataforma de batea.

Punto de venda: lonxa de Rianxo.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción:

A pé: de xaneiro a decembro.

Desde embarcación: de abril a setembro e decembro.

-Confraría de pescadores do Carril.

Días máximos de extracción: 60 desde embarcación; 45 a pé.

Puntos de control:

A pé: na zona de producción.

Desde embarcación: lonxa do Carril.

Puntos de venda: lonxa do Carril.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción: de abril a decembro.

-Confraría de pescadores de Vilaxoán.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: lonxa de Vilaxoán, Esteiro do Rial, praia de Borreiros, praia de Corón, praia de Preguntoiro, praia de Castelete, praia de Saíñas e praia de Canelas.

Puntos de venda: lonxa de Vilaxoán.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Vilanova de Arousa.

Días máximos de extracción: 144 desde embarcación; 120 a pé.

Puntos de control: zonas de producción e lonxa de Vilanova de Arousa.

Puntos de venda: lonxa de Vilanova de Arousa.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa bicuda, ameixa rubia, berberecho, carneiro e reló.

Épocas probables de extracción:

Desde embarcación: xaneiro, de marzo a setembro, novembro e decembro.

A pé: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores da Illa de Arousa.

Días máximos de extracción: 144 desde embarcación; 180 a pé.

Puntos de control:

Desde embarcación: Areoso, Arnela, Roncadeiras, Concerrado.

A pé: O Bau, Concerrado, Camaxe, Xastelas.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa rubia, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, berberecho, carneiro e reló.

Épocas probables de extracción:

Desde embarcación: febreiro e marzo, xullo e agosto; novembro e decembro.

A pé: xaneiro a agosto, novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Cambados.

Días máximos de extracción: 41 desde embarcación; 180 a pé.

Puntos de control:

Desde embarcación: lancha da confraría e lonxa de Tragove.

A pé: galpón da rúa Montesaco de Santo Tomé e lonxa de Tragove.

Puntos de venda: lonxa de Tragove.

Especies: ameixa fina, ameixa xaponesa, ameixa babosa, ameixa rubia, ameixa bicuda, berberecho, carneiro e reló.

Épocas probables de extracción:

Desde embarcación: abril e maio.

A pé: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores do Grove.

Días máximos de extracción: 220 desde embarcación; 180 a pé.

Puntos de control: O Facho, Insuíña, As Cachadas, Ponte da Toxa, Rons, Moreiras, Lordelo, Cubreiro e lonxa do Grove.

Punto de venda: lonxa do Grove.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, ameixa rubia, berberecho, carneiro, reló e ostra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Aldán-O Hío.

Días máximos de extracción: 85 a pé; 124 desde embarcación.

Puntos de control e venda: lonxa de Aldán.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa rubia, berberecho, carneiro, reló e ostra.

Épocas probables de extracción:

A pé: de xaneiro a abril, de xuño a decembro.

Desde embarcación: de xaneiro a marzo, de outubro a decembro.

-Confraría de pescadores de Baiona.

Días máximos de extracción: 80 desde embarcación; 120 a pé.

Puntos de control:

Desde embarcación: lonxa de Baiona.

A pé: rampla de Ruíz, praia de Santa Marta e lonxa de Baiona.

Puntos de venda: lonxas de Meira e de Baiona.

Épocas probables de extracción:

Desde embarcación: de marzo a maio, e de xullo a setembro.

A pé: xaneiro a maio, e de xullo a decembro.

2. Non obstante o disposto no punto 1 deste artigo e de acordo co artigo 4.2º do Decreto 423/1993, correspóndelles ós delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos autoriza-la apertura e o peche da extracción de marisco nas autorizacións marisqueiras. As entidades titulares deberán solicitar autorización, polo menos 15 días antes da data prevista para o efecto, no plan de explotación.

3. As entidades marisqueiras que non presentaron plan de explotación ou aquelas que o presentaron pero non lles foi aprobado, ateranse ó disposto para as zonas de libre marisqueo.

Artigo 2º.-Zonas de libre marisqueo.

1. De acordo co previsto no artigo 5 do Decreto 423/1993 modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, autorízase como norma xeral a extracción de moluscos nas zonas de libre marisqueo, non suxeitas a plan específico desde o 2 de xaneiro ó 31 de marzo e desde ó 1 de outubro ata o 31 de decembro.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior exceptúanse as seguintes zonas:

A) Confraría de pescadores de Cedeira. Ó non ter presentado plan de explotación para a súas autorizacións, estas permanecerán pechadas ata que por resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños se regule a súa explotación.

B) Para traballar con rastro de vieira, segundo o artigo 120 do Decreto 424/1993, no libre marisqueo requirirase solicitude á Dirección Xeral de Recursos Mariños, cunha antelación mínima de 15 días á data de extracción, especificando os datos do censo de embarcacións, especie obxecto de explotación e zonas de traballo.

2. Prohíbese durante todo o ano a extracción de mexillón silvestre en todo o litoral galego, agás resolución expresa da Dirección Xeral de Recursos Mariños.

3. As cotas de capturas para as zonas de libre marisqueo serán:

Marisqueo desde embarcación:

Vieira: 150 unidades/tripulante/día, cun máximo de 500 unidades por embarcación.

Zamburiña e volandeira: 50 kg/tripulante/día cun máximo de 150 kg por embarcación.

Berberecho: 30 kg/tripulante/día cun máximo de 50 kg por embarcación

Ameixa fina: 5 kg/tripulante/día cun máximo de 15 kg por embarcación.

Ameixa babosa: 8 kg/tripulante/día cun máximo de 24 kg por embarcación.

Ameixa rubia: 16 kg/tripulante/día cun máximo de 48 kg por embarcación, establecéndose como equivalencia para efectos de topes a relación 1 quilo/2 quilos entre babosa e rubia.

Especies acompañantes: 25 kg de reló tripulante/día e 8 kg carneiro tripulante/día.

Cornicha: 40 kg/tripulante/día cun máximo de 120 kg por embarcación.

Outros moluscos: 30 kg

Marisqueo a pé:

Ameixa fina: 5 kg/mariscador/día.

Ameixa babosa: 8 kg/mariscador/día.

Coquina: 4 kg/mariscador/día.

Outros moluscos: 15 kg/mariscador/día.

As cotas máximas de captura poderán ser aumentadas ou diminuídas pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos dependendo do estado do recurso.

4. Con caracter xeral, a delimitación entre as zonas de traballo dos sectores de marisqueo a pé e desde embarcación nas zonas de libre marisqueo quedará establecida pola liña que une os puntos de cota mareal cero. Isto será de aplicación ás zonas de libre marisqueo sometidas a plan específico nas que non exista acordo de reparto entre os dous sectores.

Artigo 3º.-Plans específicos en zonas de libre marisqueo.

De acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 423/1993, modificado polo 237/2002 do 11 de xullo, apróbanse os plans de explotación para o ano 2003, relativos a zonas de libre marisqueo, presentados polas entidades marisqueiras que a continuación se relacionan e que se desenvolverán conforme as instruccións que posteriormente se dicten, de seren necesarias:

-Plan de ameixa fina da confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: ría de Ribadeo.

Días máximos de extracción: 30.

Punto de control e venda: lonxa de Ribadeo.

Épocas probables de extracción: marzo, abril, de xullo a decembro .

-Plan de ameixa bicuda da confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: tesón da ría de Ribadeo.

Días máximos de extracción: 12.

Punto de control e venda: lonxa de Ribadeo.

Épocas probables de extracción: xullo e agosto.

-Plan de lapa da confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: entre A Insua e o Puntal.

Días máximos de extracción: 40.

Punto de control e venda: lonxa de Ribadeo.

Épocas probables de extracción: marzo, abril, e de xullo a decembro.

-Plan de caramuxo da confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: entre a Insua e O Puntal.

Días máximos de extracción: 30.

Punto de control e venda: lonxa de Ribadeo.

Épocas probables de extracción: marzo, abril, xullo, agosto e decembro.

-Plan de berberecho da confraría de pescadores de Foz.

Zona de traballo: ría de Foz (Bancos de Fondás e O Taro).

Días máximos de extracción: 20.

Punto de control: saída de Fondás e saída de Esteiro.

Puntos de venda: lonxas de Burela e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril; xullo a decembro.

-Plan de caramuxo da confraría de pescadores de Foz.

Zona de traballo: ría de Foz (Bancos de Fondás e O Taro).

Días máximos de extracción: 20.

Punto de control: saída de Fondás e saída de Esteiro.

Puntos de venda: lonxas de Burela e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo e decembro.

-Plan de ameixa fina da confraría de pescadores de Foz.

Zona de traballo: ría de Foz (Bancos de Fontorto, Fondás e O Taro).

Días máximos de extracción: 40.

Punto de control: saída de Fondás e saída de Esteiro.

Puntos de venda: lonxas de Burela e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril; xullo a decembro.

-Plan de ameixa fina da confraría de pescadores de S. Cibrao

Zona de traballo: praias de Portocelo e do Portiño, marxes do río de Lago e zona de S. Cibrao.

Días máximos de extracción: 20.

Punto de control e venda: lonxa de San Cibrao.

Épocas probables de extracción: maio e xuño.

-Plan de ameixa babosa, xaponesa e ostra da confraría de pescadores de Celeiro.

Zona de traballo desde embarcación: praias de Celeiro, canle do río Landro, zona interna da ría, por riba da ponte do ferrocarril.

Días máximos de extracción: 100 para ameixa babosa, 100 para ostra, 25 para ameixa xaponesa.

Puntos de control e venda: lonxas de San Cibrao e Celeiro.

Épocas probables de extracción: xaneiro a maio, e de outubro a decembro.

-Plan de ameixa fina, xaponesa, berberecho, caramuxo e lapa da confraría de pescadores de Celeiro.

Zona de traballo: da praia de Area a Punta do Cabalo.

Días máximos de extracción: 20 para ameixa fina, 25 para ameixa xaponesa, 6 para berberecho, 10 para caramuxo e 20 para lapa.

Punto de control e venda: lonxas de Celeiro e S. Cibrao.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a maio e de xullo a decembro.

-Plan de coquina das confrarías de Celeiro e O Vicedo.

Zona de traballo: praia de Abrela.

Días máximos de extracción: 5.

Punto de control: praia de Abrela.

Punto de venda: lonxas do Vicedo e Celeiro.

Épocas probables de extracción: marzo e xullo.

-Plan de coquina e berberecho das confrarías de pescadores do Vicedo e O Barqueiro.

Zona de traballo: Lombo das Navallas.

Días máximos de extracción: 54.

Punto de control: Caseta de Arealonga e Lombo das Navallas.

Puntos de venda: lonxas do Vicedo e O Barqueiro.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, e de setembro a decembro.

-Plan de ameixa fina e ameixa babosa das confrarías de pescadores do Vicedo e O Barqueiro.

Zona de traballo: canle do Sor.

Días máximos de extracción: 6 para ameixa fina, 6 para ameixa babosa.

Puntos de control: zona de producción.

Puntos de venda: lonxa do Vicedo.

Épocas probables de extracción: abril, agosto e setembro.

-Confraría de pescadores do Barqueiro-Bares.

Zona de traballo: praia de Vilela, Barrosas e Campelo.

Días máximos de extracción: 15.

Puntos de control: praia de Vilela, Barrosas e Campelo.

Punto de venda: lonxa do Barqueiro.

Especies: coquina.

Épocas probables de extracción: xullo, agosto e setembro.

-Confraría de pescadores de Espasante.

Zona de traballo: praia de Morouzos, A Regueira e a Combuela.

Días máximos de extracción: 30.

Punto de control: praia de Morouzos, A Regueira, Ladrido e peirao de Ortigueira.

Punto de venda: lonxa de Ortigueira.

Especies: coquina, berberecho, ameixa fina, ameixa xaponesa e ameixa babosa.

Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo, e de xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Cariño.

Zona de traballo: Xelfa, Arnela, Saíña, Petón, Cascabellal, Puntal, Mea e Novela.

Días máximos de extracción: 87.

Puntos de control: Fornelos, Promontoiro e Figueroa.

Punto de venda: lonxa da confraría de Cariño.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponesa, ostra e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Ferrol.

Zona de traballo: desde Escolleira da ponte das Pías a Punta Faísca.

Días máximos de extracción: 122.

Puntos de control e venda: lonxa da Gándara

Especies: ameixa babosa, fina e berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Barallobre.

Zona de traballo: San Valentín ata desembocadura do río Belelle.

Días máximos de extracción: 99.

Puntos de control: caseta da estación de ferrocarril de Neda e lonxa de Barallobre.

Punto de venda: lonxa de Barallobre.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa e berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, e de xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Ares.

Zona de traballo: Redes.

Días máximos de extracción: 18.

Punto de control: confraría de pescadores de Ares.

Punto de venda: lonxas autorizadas.

Especies: ameixa fina e ameixa babosa.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo e de xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Miño.

Zona de traballo: Ponte do Porco, río Bañobre, Punta Cabana e praia Pedrido.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: O Pedrido e porto de Miño.

Punto de venda: lonxas ou puntos de venda autorizados.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho, ostra e caramuxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de agosto a decembro.

-Confraría de pescadores da Coruña.

Zona de traballo:

A pé: ría do Burgo e praia de Sta. Cristina.

Desde embarcación: Canle da Ría do Burgo, As xubias, banco do Parrote e Bahía da Coruña.

Días máximos de extracción: 80 días a pé; 120 días desde embarcación; 60 días O Parrote.

Puntos de control e venda: lonxa da confraría en Perillo (Oleiros).

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, berberecho, reló, carneiro e ostra plana.

Épocas probables de extracción:

A pé: de xaneiro a marzo, e de setembro a decembro.

Desde embarcación: xaneiro e febreiro, setembro a decembro.

O Parrote: maio, xuño e decembro.

-Asociación Mariscadores Fonte Santa Helena de Baldaio.

Zona de traballo: Zona C - Lagoa Interna.

Días máximos de extracción: 25.

Puntos de control e venda: Fonte de Sta. Helena.

Especies: berberecho.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de xullo a decembro.

-Agrupación de Mariscadores do Esteiro do Río Anllóns.

Días máximos de extracción: 40.

Punto de control: Pedras de Cambón, Ourixeira, O Pendón e Lodeiro.

Punto de venda: Pedras de Cambón.

Especies: berberecho.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, e de xullo a decembro.

-Plan de endeño remolcado das confrarías de Corcubión, Fisterra y O Pindo.

Zona de traballo: ría de Corcubión.

Días máximos de extracción: 43.

Puntos de control: peirao de Corcubión e lonxa de Fisterra.

Punto de venda: lonxa de Fisterra.

Especies: ameixa rubia.

Épocas probables de extracción: xuño e xullo.

-Confraría de pescadores de Corcubión.

Zona de traballo: praias de Estorde, Corcubión, Cee e O Ézaro.

Días máximos de extracción: 168.

Puntos de control: praias de Estorde, Corcubión, Cee, O Ézaro e peirao de Corcubión.

Punto de venda: peirao de Corcubión e outras lonxas autorizadas.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, berberecho, caramuxo, coquina e ostra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Fisterra.

Zona de traballo: praias de Langosteira e Sardiñeiro.

Días máximos de extracción: 100.

Punto de control e venda: lonxa de Fisterra.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ostra, berberecho e coquina.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Lira e O Pindo.

Zona de traballo: de río do Ézaro a Punta Insua.

Días máximos de extracción: 128.

Puntos de control: estrada do Viso, Lagoa, praia de S. Pedro, Pedras Mariñas e Carrofeito.

Punto de venda: lonxa de Lira.

Especies: berberecho e coquina.

Épocas probables de extracción: febreiro, marzo, e de xuño a decembro.

-Confrarías de pescadores de Noia, Muros, Portosín e Porto do Son.

Zona de traballo: determinarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 179.

Puntos de control: embarcacións de vixilancia.

Puntos de venda: lonxas do Freixo, Esteiro e Muros.

Especies: ameixa babosa, ameixa rubia, reló, carneiro e cornicha.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, e de xuño a decembro.

-Confraría de pescadores do Carril.

Zona de traballo:

Desde embarcación: As Malveiras-As Briñas-O Con.

A pé: Lombos do Ulla e praia da Concha-Compostela.

Días máximos de extracción: 20 desde embarcación; 120 a pé.

Puntos de control:

Desde embarcación: lonxa do Carril.

A pé: zona de producción.

Punto de venda: lonxa do Carril.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ostra e berberecho.

Épocas probables de extracción:

Desde embarcación: xaneiro a decembro.

A pé: de xaneiro ó 15 de abril e do 16 de maio a decembro.

-Confraría de pescadores de Vilaxoán:

Zona de traballo: zona submareal entre a liña que une o río Aduana ó Illote Gorma e Punta Borreiros; de Punta Borreiros a peirao de Vilaxoán, de Punta Castelete a Punta Ferrazo.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: zona de producción desde embarcación.

Puntos de venda: lonxa de Vilaxoán.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Época probable de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Vilanova de Arousa.

Zona de traballo: dique do Terrón, boia columna eléctrica, columna ponte, boia Lañeiras, fóra, espicho Rego do Alcalde.

Días máximos de extracción: 144.

Puntos de control: nas zonas de producción e lonxa de Vilanova de Arousa.

Puntos de venda: lonxa de Vilanova de Arousa.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa bicuda, ameixa rubia, berberecho, reló e carneiro.

Épocas probables de extracción: xaneiro, de marzo a setembro, e de novembro a decembro.

-Confraría de pescadores da Illa de Arousa.

Zona de traballo: Punta Arruda, Punta Laño, Cuña Alta, Punta Carreirón.

Días máximos de extracción: 62.

Puntos de control: Areoso e Roncadeiras.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa rubia, ameixa bicuda, ameixa xaponesa, berberecho, carneiro e reló.

Épocas probables de extracción: de abril a xuño.

-Confraría de pescadores de Cambados.

Zona de traballo: do Rego do Alcalde (Lañeiras de Fóra) á baliza de Orido, Arnela-Galiñeiro, do peirao de Meloxo ata As Negreiriñas.

Días máximos de extracción: 140.

Puntos de control: lancha da confraría e lonxa de Tragove.

Puntos de venda: lonxa de Tragove.

Especies: ameixa fina, ameixa xaponesa, ameixa rubia, ameixa babosa, ameixa bicuda, berberecho, carneiro e reló.

Épocas probables de extracción: xaneiro, de abril a setembro, e decembro.

-Confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 220.

Puntos de control: zona de producción e lonxa do Grove.

Punto de venda: lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Lourizán, Pontevedra e Raxó.

Zona de traballo:

Desde embarcación: na parte interna da liña imaxinaria que une Punta Sta. Mariña na beira norte da ría de Pontevedra coa esquina sur do convento sito no cabo Praceres, na zona sur da ría.

A pé: zonas intermareais delimitadas na parte interna da liña imaxinaria que une punta Santa Mariña, na beira norte da ría de Pontevedra coa esquina sur do convento sito no cabo Praceres na zona sur da ría, e desde este punto ata o faro verde da escolleira de canalización do río Lérez.

Días máximos de extracción: 166 desde embarcación; 115 a pé.

Puntos de control:

Desde embarcación: zona de producción desde embarcación e lonxa de Campelo.

A pé: A Reboira, praia Cabeceira, Puntada e Polvorín, antigo punto de venda de Lourizán, praias de Xiorto, D. Bernardo, Ouriceira, O Laño, Padrón (Combarro) e Canteira.

Punto de venda: lonxa de Campelo.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa, berberecho, reló, carneiro e chirla.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de xuño a decembro.

-Plan conxunto das confrarías de Bueu, Marín, Portonovo e Sanxenxo.

Zona de traballo: de Punta Faxilda a Punta Sta. Mariña e de Punta Praceres a Punta Preguntoiro.

Días máximos de extracción: 200.

Puntos de control: nas zonas de producción.

Puntos de venda: lonxas de Bueu e Portonovo.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa rubia, carneiro, reló, croque e cornicha.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro.

-Plan de ameixa rubia da confraría de pescadores de Bueu.

Arte: endeño remolcado.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 40.

Puntos de control: zona de traballo e lonxa de Bueu.

Punto de venda: lonxa de Bueu.

Épocas probables de extracción: xaneiro e decembro.

-Plan de ameixa rubia da confraría de pescadores de Cangas.

Arte: endeño remolcado.

Zona de traballo: entre as liñas imaxinarias comprendidas desde Faro Borneira ata cabo de Vicos e desde punta Cabalo ata cabo Home, incluíndo a parte este das Illas Cíes e a banda norte na parte exterior da ría de Vigo.

Días máximos de extracción: 50.

Puntos de control: zona de producción e rampla da lonxa de Cangas.

Punto de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: xaneiro, novembro e decembro.

-Asociación de confrarías da ría de Vigo.

Zona de traballo:

Desde embarcación: bancos somerxidos de moluscos bivalvos da ría de Vigo.

A pé: bancos intermareais de moluscos bivalvos da ría de Vigo, excepto a zona de autorización de Baiona.

Días máximos de extracción: 120 desde embarcación, e 130 a pé.

Puntos de control:

Desde embarcación: na zona de producción mediante embarcacións.

A pé:

Arcade: a lonxa, Pontesa e Cunchido.

Redondela: a lonxa, a Punta do Cabo, Portela e Area Longa.

Vilaboa: a lonxa de Sta. Cristina, S. Adrián, Punta Calera e Punta Cabalo.

Moaña: praia de Domaio, praia da Xunqueira, praia de Tirán, Illa dos Ratos, Borna e lonxa.

Punto de venda: lonxa de Meira.

Especies: ameixa babosa, ameixa fina, ameixa rubia, ameixa xaponesa, berberecho, carneiro, caramuxo, reló e ostra.

Épocas probables de extracción:

Desde embarcación: xaneiro, febreiro, marzo, de xuño a decembro.

A pé: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Baiona (lapa).

Zona de traballo: desde Punta Orelludas a praia da Abra.

Días máximos de extracción: 36.

Puntos de control e venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a maio e de setembro a decembro.

-Confraría de pescadores da Guarda (lapa)

Zona de traballo: de Punta Orelludas a Punta dos Picos.

Días máximos de extracción: 48.

Puntos de control: peirao do porto de Sta. Mª de Oia e lonxa da Guarda.

Épocas de extracción: de xaneiro a abril, e de setembro a decembro.

As entidades marisqueiras que presentaron plan de explotación para zonas de libre marisqueo e non lles foi aprobado, ateranse ó disposto nas normas establecidas nesta orde.

Artigo 4º

Aquelas embarcacións que conten no seu permiso de explotación coas artes de bou de vara e bou de man, poderán realizar capturas desde o 1 de xaneiro ó 31 de marzo e desde o 3 de novembro ó 31 de decembro e sempre de acordo co previsto no Decreto 424/1993 modificado polo 369/1996, do 2 de decembro.

Artigo 5º.-Percebe.

De acordo co establecido no Decreto 423/1993 modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, apróbanse os seguintes plans de explotación do percebe (Pollicipes pollicipes), que se desenvolverán conforme as instruccións que posteriormente se dicten, de seren necesarias:

-Confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: de Punta Placeos ás Carrallas, illotes O Gallín, A Tabla, A Insúa e o Can do Faro.

Días máximos de extracción: 58.

Punto de control: zonas de producción.

Punto de venda: lonxa de Ribadeo, Burela e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: marzo a setembro; novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Rinlo.

Zona de traballo: de Punta Placeos a Punta Promontorio.

Días máximos de extracción: 58.

Punto de control: zonas de producción.

Punto de venda: lonxa autorizadas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Épocas probables de extracción: de marzo a setembro, novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Burela.

Zona de traballo: de Punta Rueta a Punta Nois.

Días máximos de extracción: 70.

Punto de control: zona de producción.

Puntos de venda: lonxas de Burela e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de San Cibrao.

Zona de traballo: Ermida de S. Tirso a Punta Rueta, illas de Cal, Sarón e Farallóns.

Días máximos de extracción: 70.

Punto de control e venda: lonxa de San Cibrao.

Épocas probables de extracción: abril, de xullo a setembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Celeiro.

Zona de traballo: Ermida de San Tirso a Punta do Cabalo e Illa Gabeira.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control e venda: lonxas de Celeiro e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores do Vicedo.

Zona de traballo: do extremo norte da praia da Abrela á Punta Congreira e Illa Coelleira.

Días máximos de extracción: 90.

Punto de control: lonxa do Vicedo.

Punto de venda: lonxas do Vicedo, Cedeira e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: de marzo a abril, xuño a setembro e decembro.

-Confraría de pescadores do Barqueiro-Bares.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría.

Días máximos de extracción: 120.

Punto de control: peirao do Barqueiro.

Punto de venda: lonxa do Barqueiro, Cedeira, San Cibrao, Vicedo e Cariño.

Épocas probables de extracción: xaneiro, marzo a decembro.

-Confraría de pescadores de Espasante.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría e a do acordo entre ás confrarías de Espasante e O Barqueiro.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: peirao, lonxa e ría.

Punto de venda: lonxas autorizadas.

Épocas probables de extracción: xaneiro, de marzo a decembro.

-Confraría de pescadores de Cariño.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: peirao de Cariño-rampla, lancha de vixilancia e toda a zona marítima de ámbito territorial.

Punto de venda: lonxa de Cariño.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Cedeira.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: lonxa e ría de Cedeira.

Punto de venda: lonxa de Cedeira.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Ferrol.

Zona de traballo: Punta Faísca ata o faro de Punta Frouxeira.

Días máximos de extracción: 152.

Punto de control: A Cova, Lume Boo e o Porto.

Punto de venda: lonxa da Gándara.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confrarías de pescadores da Coruña, Mera e Ares.

Zona de traballo: Suevos, O Portiño, A Torre, Mera e Ares.

Días máximos de extracción: 180.

Puntos de control: O Portiño, A Torre, Mera e Suevos.

Puntos de venda: lonxas da Coruña e Cedeira.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Caión.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría.

Días máximos de extracción: 160.

Punto de control e venda: lonxa de Caión.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Malpica.

Zona de traballo: desde Pedra do Sal a Punta Nariga.

Días máximos de extracción: 160.

Punto de control:

Desde embarcación: lancha de vixilancia Illas Sisargas.

A pé: lonxa e peirao de Malpica.

Punto de venda: lonxa de Malpica.

Épocas probables de extracción: xaneiro a maio, e de xullo a decembro.

-Confraría de pescadores de Corme.

Zona de traballo: De Punta Nariga a Punta Balarés.

Días máximos de extracción: 144.

Puntos de control:

A pé: sendeiro de Canteiro, Roncudo Gabriela, Percebellosa e Rosas.

Desde embarcación: lancha de vixilancia.

Punto de venda: lonxa de Corme.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Laxe.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría.

Días máximos de extracción: 90.

Puntos de control: zona cemiterio, punta Cabo da Area e lonxa de Laxe.

Punto de venda: lonxa da confraría.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril; xullo, agosto, setembro, novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Camelle.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría.

Días máximos de extracción: 248.

Puntos de control: Canle de Ríos e peiraos de Camelle e A Lagoa.

Punto de venda: lonxa do Muro da Coruña.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Camariñas.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría.

Días máximos de extracción: 192.

Puntos de control: explanada de Cabo Vilán e Punta Pedrosa.

Punto de venda: lonxas de Camariñas e do Muro (A Coruña).

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Muxía.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría.

Días máximos de extracción: 240.

Punto de control:

A pé: saída pista Moreira e Campo de Carlos, Campo de Bobión e A Barca.

Desde embarcación: praia de Moreira e rampla do peirao de Muxía.

Punto de venda: lonxa de Muxía.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Fisterra.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría e Illas Lobeiras e Carromeiros.

Días máximos de extracción: 200.

Puntos de control: embarcación de vixilancia, confraría de pescadores, praia de Arnela, Campo da Nave e Faro.

Punto de venda: lonxa de Fisterra.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores do Pindo.

Zona de traballo: ámbito da confraría.- illotes e pedras próximos á costa, Pitiuiño, Turcos, Salitres, Pedras de Medra, Pescos, Pta. Negros, Petón, Cajado, Lapia e Petón Fero.

Días máximos de extracción: 50.

Puntos de control: Insuela e peirao de Lira.

Puntos de venda: lonxa de Lira.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a agosto, novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Lira.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría.-De Punta Insua ata río Larada, e illotes Miñarzos, Forcados, Seixo, Leboreiro, Illa Corbeiro, Corniños, Petón de Cabalar, Pedra Pas, Punta Insua e Pedra de Ardeleiro.

Días máximos de extracción: 35 a pé; 72 desde embarcación.

Puntos de control: zona de producción, peirao e lonxa de Lira.

Punto de venda: lonxa de Lira.

Épocas probables de extracción: marzo, abril, xullo, agosto, novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Muros.

Zona de traballo: ámbito da confraría.

Días máximos de extracción: 20.

Punto de control: O Ancoradoiro e peirao de Muros.

Punto de venda: lonxa de Muros e Esteiro.

Épocas probables de extracción: abril, maio, xuño e decembro.

-Confraría de pescadores de Porto do Son.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría.-De río Sieira a Punta Cabeiro, Illa Filgueira e illotes Leixoes e Pedra do Con.

Días máximos de extracción: 154.

Punto de control: Furna de Laxe, Punta Castro, Punta Sagra, peirao do Porto do Son.

Punto de venda: lonxa de Porto do Son.

Épocas probables de extracción: xaneiro a agosto; de outubro a decembro.

-Confraría de pescadores de Carreira-Aguiño.

Zona de traballo: ámbito territorial da confraría, e illas Basoñas, Sagraes, Sálvora, Vionta e illotes que a rodean, As Centoleiras.

Días máximos de extracción: 226.

Puntos de control: Illa de Sálvora, praia Area Basta, Punta Couso, Espiñeirido, Faro de Corrubedo e peirao de Aguiño.

Punto de venda: lonxa de Aguiño.

Épocas probables de extracción: xaneiro a setembro, novembro e decembro.

-Confraría de pescadores de Ribeira.

Zona de traballo: ámbito da confraría.

Días máximos de extracción: 48.

Puntos de control: zonas de producción e lonxa de Ribeira.

Punto de venda: lonxa de Ribeira.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: Punta Cantodorxo a Punta Faxilda.

Días máximos de extracción: 100.

Punto de control e venda: lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Bueu.

Zona de traballo: de Punta Morcejos a Pedra Blanca e illas Ons e Onza.

Días máximos de extracción: 224.

Punto de control: zona de producción.

Punto de venda: lonxa de Bueu.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Cangas.

Zona de traballo: de Punta Subrido a Punta Couso. Illote Osas. De punta Monolito ata Enseada das Herbas na costa oeste da Illa Norte das Cíes. Enseada das Herbas ata peirao de Carracido, no illote norte de Cíes máis toda a illa sur de Cíes e o Illote Boeiro.

Días máximos de extracción: 180.

Puntos de control: zonas de producción e lonxa de Cangas .

Punto de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores de Baiona.

Zona de traballo: de Monteferro a Punta Orelludas, incluíndo as illas Estelas.

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control e venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores da Guarda (desde embarcación).

Zona de traballo: de Punta Orelludas a Punta dos Picos.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: peirao do porto da Guarda e porto de Oia.

Punto de venda: lonxa da Guarda.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Confraría de pescadores da Guarda (a pé).

Zona de traballo: de Punta Orelludas a Punta dos Picos.

Días máximos de extracción: 130.

Puntos de control: zonas de producción e lonxa da Guarda.

Puntos de venda: lonxa da Guarda.

Época probable de extracción: de xaneiro a decembro.

Artigo 6º.-Outros crustáceos.

1. De acordo co establecido no artigo 14 do Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, os períodos autorizados no 2003 para a captura doutras especies de crustáceos establécense como segue:

Nécora (Necora puber): do 1 ó 3 de xaneiro e do 1 de agosto ó 31 de decembro.

Lubrigante (Homarus gammarus): do 2 de xullo ó 29 de agosto.

Santiaguiño (Scyllarus arctus): do 1 de outubro ó 31 de decembro.

Lagosta (Palinurus elephas): do 1 de xullo ó 29 de agosto.

Cangrexo (Carcinus maenas): todo o ano.

Conguito (Macropipus corrugatus) e patulate (Macropipus depurador): do 1 de xaneiro ata o 31 de marzo e do 1 de xullo ó 31 de decembro.

Centola (Maia squinado) e boi (Cancer pagurus): 1 de xaneiro ó 27 de xuño, e do 1 de decembro ata o 31 de decembro. Nas zonas sinaladas no anexo I, soamente se poderá extraer desde o 3 de febreiro ata o 27 de xuño.

Artigo 7º.-Equinodermos.

De conformidade co establecido no Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, apróbanse os seguintes plans de explotación de equinodermos que a continuación se relacionan, e que se desenvolverán de conformidade coas instruccións que se dicten, de seren necesarias.

-Confraría de pescadores de Ribadeo.

Zona de traballo: de Punta Placeos ás Carrallas

Días máximos de extracción: 26.

Puntos de control e venda: lonxa de Ribadeo.

Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo.

-Confraría de pescadores de Rinlo.

Zona de traballo: de Punta Placeos a Punta Promontorio

Días máximos de extracción: 20

Punto de control: Punta Corbeira, Os Chabolos, Punta Promontorio.

Punto de venda: lonxas autorizadas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo.

-Confraría de pescadores de Foz.

Zona de traballo: de Punta Nois a Punta Promontorio.

Días máximos de extracción: 35.

Punto de control: peirao de Nois.

Punto de venda: lonxas de Burela e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e decembro.

-Confraría de pescadores de Burela.

Zona de traballo: de Punta Rueta a Punta Nois.

Días máximos de extracción: 70.

Punto de control: zona de producción.

Punto de venda: lonxa de Burela.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.

-Confraría de pescadores de San Cibrao.

Zona de traballo: de Ermida de S. Tirso a Punta Rueta, Enseada das Salseiras, praia de Lieiro e Area de Anxuela.

Días máximos de extracción: 60.

Punto de control e venda: lonxa de San Cibrao.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril.

-Confraría de pescadores de Celeiro.

Zona de traballo: entre Punta Socastro e Ermida de S. Tirso.

Días máximos de extracción: 30.

Puntos de control e venda: lonxas de Celeiro e S. Cibrao.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril e decembro.

Arte a utilizar: mergullo en apnea e bicheiro.

-Confraría de pescadores de Celeiro.

Zona de traballo: Punta Saíñas a Punta Socastro

Días máximos de extracción: 30.

Puntos de control e venda: lonxas de Celeiro e San Cibrao.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores das zonas VII e VIII.

Confrarías: O Barqueiro, Espasante, Cedeira, Ferrol, Barallobre, Ares, A Coruña.

Zona de traballo: zona VII e zona VIII.

Días máximos de extracción: 140.

Punto de control: zona de producción e lonxas.

Punto de venda: lonxas segundo zona de producción.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo semiautónomo.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores das zonas VI.

Confrarías: Corme, Laxe, Camelle, Camariñas e Muxía.

Zona de traballo: zona VI.

Días máximos de extracción: 90.

Punto de control: peirao de Corme, A Barda, Santa Mariña de Brantuas, peirao de Laxe, peirao de Camariñas, peirao de Muxía.

Punto de venda: lonxas de Corme, Laxe, Camariñas e Muxía.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea e mergullo semiautónomo.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores da zonas V.

Confrarías: Fisterra, Lira e Corcubión.

Zona de traballo: zona V.

Días máximos de extracción: 70.

Punto de control: peiraos e lonxas de Lira e Fisterra, e peirao de Corcubión.

Punto de venda: lonxas de Fisterra e Lira e peirao de Corcubión.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea e mergullo semiautónomo.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores das zonas IV.

Confrarías: Porto do Son e Muros.

Zona de traballo: zona IV.- de Punta Insua a Punta Uhía e de Punta Cabeiro a Punta de Río Sieira.

Días máximos de extracción: 60.

Punto de control: O Ancoradoiro, peirao de Muros, peirao de Porto do Son.

Punto de venda: lonxa de Muros e Porto do Son.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo semiautónomo.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores das zonas III.

Confrarías: Ribeira e Aguiño.

Zona de traballo: zona III.-Laxas e Pías de Castiñeiras, Airós, Rúa, Xidoiros, Areoso e Pedregoso, Sinal do Maño, Lobeiras, Corbeiro. Desde Con de Vieiras ata Pedras do Río, incluíndo a illa de Sálvora. E desde o porto de Corrubedo ata Río Sieira incluíndo as Basoñas.

Días máximos de extracción: 60.

Punto de control: na zona de producción, peiraos de Aguiño e Ribeira.

Punto de venda: lonxas de Aguiño e Ribeira.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apena e bicheiro con mirafondos.

-Confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: entre Punta Cantodorxo e Punta Faxilda.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control e venda: lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, novembro e decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo semiautónomo.

-Confrarías de pescadores de Bueu, Portonovo e Sanxenxo.

Zona de traballo: de punta Faxilda a punta Centolo e de punta Galera a punta Couso.

Días máximos de extracción: 147.

Puntos de control e venda: lonxas de Bueu, Portonovo e Sanxenxo.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo semiautónomo.

-Confraría de pescadores de Cangas.

Zona de traballo: entre Punta Canaval e Punta Couso, ademáis das Illas Cíes e Boeiro.

Días máximos de extracción: 125.

Punto de control: zona de producción.

Punto de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo semiautónomo.

-Confraría de pescadores de Vigo.

Zona de traballo: de praia de Abra a Cabo de Mar.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: zona de producción e lonxa de Canido.

Punto de venda: lonxa de Canido.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, novembro e decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea y semiautónomo.

-Confraría de pescadores de Baiona.

Zona de traballo: de Punta Orelluda á praia de Abra, incluíndo As Estelas. Queda pechada cara á terra a zona comprendida entre a liña imaxinaria que vai de Monte Lourido ata o porto de Panxón.

Días máximos de extracción: 32 a pé, 120 a mergullo.

Punto de control e venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé e mergullo semiautónomo.

-Confraría de pescadores da Guarda.

Zona de traballo: de Punta Orelluda a Punta dos Picos.

Días máximos de extracción: 45.

Puntos de control: subida a Pedornes, peirao de Santa María de Oia, Ribel e Tío Rincho.

Punto de venda: lonxa da Guarda.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, outubro a decembro.

Artigo 8º.-Navalla e longueirón.

Segundo o establecido no Decreto 423/1993 modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, apróbanse os seguintes plans de explotación de navalla e longueirón que a continuación se relacionan, e que se desenvolverán conforme as instruccións que posteriormente se dicten, de seren necesarias.

-Plan de longueirón vello da confraría de pescadores de Miño.

Zona de traballo: praia Grande de Miño, Punta Allo, canal de Hervás, Punta Curbeiros, parque do Pedrido, Lombo de Espiñeira, praia pequena, peirao.

Días máximos de extracción: 50.

Punto de control: praia pequena do peirao e O Pedrido.

Punto de venda: lonxas ou puntos de venda autorizados.

Épocas probables de extracción:de marzo a agosto.

-Plan conxunto de navalla e longueirón das Confrarías de pescadores da Coruña-Ares-Barallobre-Ferrol. (Zona VII).

Zona de traballo: zona VII (desde o meridiano que pasa por Punta Langosteira ata o meridiano que pasa por Cabo Prioriño).

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: lonxa dos peiraos da Coruña, Ferrol, Barallobre e Ares.

Puntos de venda: puntos autorizados das confrarías incluídas no plan.

Épocas probables de extracción: de marzo a outubro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de longueirón e longueirón vello da Asociación de Mariscadores Fonte de Santa Helena de Baldaio.

Zona de traballo: lagoas de Baldaio.

Días máximos de extracción: 30.

Punto de control e venda: Fonte de Santa Helena.

Épocas probables de extracción: xaneiro a abril, de xullo a decembro.

-Plan conxunto de longueirón das confrarías de pescadores de Corme e Laxe.

Zona de traballo: ría de Corme-Laxe.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control e venda: lonxas de Corme e Laxe.

Época probable de extracción: de abril a setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Camariñas.

Zona de traballo: autorizacións.

Días máximos de extracción: 60.

Puntos de control: Ariño, Monte da Mina e Punta Sandía.

Punto de venda: lonxa de Camariñas.

Épocas probables de extracción: marzo a agosto.

-Plan conxunto das confrarías de Camariñas e Muxía na zona VI.

Zona de traballo: de Punta Sandía a Punta Chorente, praia da Cruz, e praia de Area Maior.

Días máximos de extracción: 162.

Puntos de control e venda: lonxas de Muxía e Camariñas.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de longueirón da confraría de pescadores de Fisterra.

Zona de traballo: praias de Langosteira, Talón e Sardiñeiro.

Días máximos de extracción: 132.

Puntos de control e venda: lonxa de Fisterra.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Corcubión.

Zona de traballo: praias de Estorde, Corcubión, Cee e O Ézaro.

Días máximos de extracción: 25.

Puntos de control: praias de Estorde, Corcubión, Cee, O Ézaro, e peirao de Corcubión.

Punto de venda: peirao de Corcubión.

Épocas probables de extracción: marzo, abril, xullo, agosto e setembro.

-Plan conxunto de navalla e longueirón na zona V.

Confrarías: Fisterra, Lira e Corcubión.

Zona de traballo: praia de Langosteira, Talón, Sardiñeiro, Estorde, O Ézaro, Gures, Mariña, Castelo, Quenxe, Fornelo, Brens, O Pindo, Caldebarcos, Carnota.

Días máximos de extracción: 190.

Puntos de control: zonas de producción, lonxa e peirao de Fisterra, peirao ou lonxa de Lira e peirao de Corcubión.

Puntos de venda: lonxas de Fisterra e Lira, e no punto de venda autorizado (peirao de Corcubión).

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de longueirón da confraría de pescadores de Muros.

Zona de traballo: praia de Abelleira e Ventín.

Días máximos de extracción: 20.

Puntos de control: Bornalle (Abelleira).

Puntos de venda: lonxas de Muros e Esteiro.

Épocas probables de extracción: marzo, abril, xuño, xullo e agosto.

-Plan de navalla, longueirón e longueirón vello da confraría de pescadores de Portosín.

Zona de traballo: A Aguieira, O Pozo, Coira, O Con, Entre Puntas.

Días máximos de extracción: 30.

Puntos de control: A Aguieira, O Pozo, O Con, Coira, Entre Puntas e peirao de Portosín.

Puntos de venda: lonxa de Portosín.

Época probable de extracción: de xuño a setembro.

-Plan conxunto de navalla e longueirón da zona IV.

Confrarías: Porto do Son e Portosín.

Zona de traballo: de Punta Batuda a Punta Magrio.

Días máximos de extracción: 63.

Puntos de control: peiraos de Porto do Son e Portosín.

Puntos de venda: lonxas de Porto do Son e Portosín.

Épocas probables de extracción: de xuño a setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Carreira-Aguiño.

Zona de traballo: autorizacións administrativas.

Días máximos de extracción: 103.

Puntos de control: zonas de producción e peirao de Aguiño.

Punto de venda: lonxa de Aguiño.

Épocas probables de extracción: de maio a setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan conxunto das confrarías de Aguiño-Ribeira na praia de Ladeira (Corrubedo).

Zona de traballo: praia de Ladeira (Corrubedo).

Días máximos de extracción: 20.

Puntos de control: praia de Ladeira e lonxas de Aguiño e Ribeira.

Puntos de venda: lonxas de Aguiño e Ribeira.

Épocas probables de extracción: xullo, agosto e setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Ribeira.

Zona de traballo: autorizacións administrativas. Coroso-Río Grande; Égoas-Touro e Castiñeiras.

Días máximos de extracción: 65.

Puntos de control: Coroso, Touro e lonxa de Ribeira.

Punto de venda: lonxa de Ribeira.

Épocas probables de extracción: xullo, agosto e setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla da confraría de pescadores de Palmeira.

Zona de traballo: Punta Aguiuncho; illote de Grades e Punta da Corna.

Días máximos de extracción: 84

Punto de control: lancha de vixilancia

Punto de venda: lonxas de Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

Épocas probables de extracción: de maio a agosto.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de longueirón vello a pé da confraría de pescadores de Palmeira.

Zona de traballo: praia da Corna.

Días máximos de extracción: 32

Punto de control: peirao de Palmeira.

Punto de venda: lonxas de Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

Épocas probables de extracción: de febreiro a maio.

-Plan de navalla, longueirón e longueirón vello da confraría de pescadores da Pobra do Caramiñal.

Zona de traballo: Areal, Raposiños, Ínsuas, Ribeiriña a pé; Cabio a mergullo.

Días máximos de extracción: 41 a pé, 80 desde embarcación.

Puntos de control:

A pé: Areal, Pozo e Friscos.

Desde embarcación: lanchas de vixilancia e lonxa da Pobra do Caramiñal.

Punto de venda: lonxa da Pobra do Caramiñal.

Épocas probables de extracción:

A pé: de xaneiro a abril, outubro e novembro.

Desde embarcación: de abril a setembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé e mergullo en apnea.

-Plan de longueirón vello da confraría de pescadores de Cabo de Cruz.

Zona de traballo: autorizacións.

Días máximos de extracción: 20.

Punto de control: praias de Barraña e Mañóns.

Punto de venda: lonxa de Cabo de Cruz.

Épocas probables de extracción: abril e maio.

-Plan de longueirón da confraría de pescadores de Vilanova de Arousa.

Zona de traballo: Ariño, As Carballas-O Bote, Castelete-O Rego.

Días maximos de extracción: 20.

Punto de control: zona de producción e lonxa de Vilanova de Arousa.

Punto de venda: lonxa de Vilanova de Arousa.

Épocas probables de extracción: de marzo a xuño.

-Plan de navalla e longueirón vello da confraría de pescadores de Cambados.

Zona de traballo: autorizacións.

Días máximos de extracción: 30.

Puntos de control: galpón de Sto. Tomé e na lonxa de Tragove.

Punto de venda: lonxa de Tragove.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores do Grove.

Zona de traballo: enseada da Lanzada, praia de Mexilloeira e praia Area das Pipas.

Días máximos de extracción: 120.

Punto de control e venda: lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción: de febreiro a outubro.

Arte ou técnica: mergullo en apnea.

-Plan conxunto de navalla e longueirón das confrarías de pescadores de Bueu, Lourizán, Marín, Pontevedra, Portonovo, Raxó e Sanxenxo.

Zona de traballo: entre Punta Faxilda a Punta Morcejos.

Días máximos de extracción: 231.

Punto de control: zona de producción.

Punto de venda: lonxa Bueu, Campelo, Marín e Portonovo.

Épocas probables de extracción:

Navalla: de xaneiro a marzo e de xuño a decembro.

Longueirón: de xaneiro a abril e de xullo a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Aldán.

Zona de traballo: de Punta Alada a Laxe do Aire.

Días máximos de extracción: 230.

Puntos de control e venda: lonxa de Aldán.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Cangas.

Zona de traballo: praias de Rodeira, Liméns, Nerga, Barra, Rodas, Viñas, Carracido e a praia de San Martiño.

Días máximos de extracción: 200.

Puntos de control: na zona de producción.

Punto de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro, cun descanso de dous meses consecutivos no período comprendido entre febreiro e abril para navalla, e dous meses en primavera para o longueirón.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Vigo.

Zona de traballo: de Puntal da Serra á ponte de Rande.

Días máximos de extracción: 170.

Puntos de control: zona de producción e lonxa de Canido.

Punto de venda: lonxa de Canido.

Épocas probables de extracción: xaneiro, e de abril a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Plan de navalla e longueirón da confraría de pescadores de Baiona

Zona de traballo: de Cabo de Ano Medio ata Punta da Serra.

Días máximos de extracción: 88.

Puntos de control e venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción: de xuño a setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

Artigo 9º.-Peneira.

Segundo o disposto no artigo 16 do Decreto 423/1993 modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, apróbanse os plans de extracción presentados polas confrarías e empresas, que se relacionan a continuación:

-Confraría de pescadores de Fisterra-Lira-Corcubión.

Zona de traballo: zona V.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: lonxa de Fisterra, Lonxa de Lira e Peirao de Corcubión.

Puntos de venda: lonxas

Época de probable de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica: mergullo en apnea.

-Plan conxunto das confrarías de pescadores de Marín, Pontevedra, Portonovo, Raxó, Sanxenxo e Bueu.

Zona de traballo: límite externo.-De Punta Faxilda a Punta Centolo e de Punta Galera (Onza), a Punta Couso. Límite interno, de Punta Couso a Punta Morcejos e de aí ó interior da ría.

Días máximos de extracción: 50

Puntos de control: zona de extracción.

Puntos de venda: lonxas ou puntos de venda autorizados

Época probable de extracción: de xaneiro a maio.

Arte ou técnica: mergullo en apnea e con subministración de aire desde a superficie.

-Confraría de pescadores de Aldán

Zona de traballo: Ría de Aldán, da liña imaxinaria fomada por Punta Couso e Laxe do aire cara ó interior.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control e venda: lonxa de Aldán.

Época probable de extracción: de xaneiro a xuño, novembro e decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Cangas.

Zona de traballo: Punta Canaval a Punta Couso, illas Cíes (excepto Cabo Vicos e Punta Cabaliño) e illote Agoeiro.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control: na zona de traballo e peirao de Cangas.

Puntos de venda: lonxa de Cangas.

Época probable de extracción: de maio a xullo, e de setembro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea e con subministración de aire desde a superficie.

-Confraría de pescadores de Baiona.

Zona de traballo: illas Orelludas ata praia de Abra, incluíndo Estelas e Farallóns.

Días máximos de extracción: 50.

Puntos de control: lonxa de Baiona.

Puntos de venda: lonxa de Baiona.

Época probable de extracción: de maio a setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo con subministración de aire desde a superficie.

Artigo 10º.-Algas.

Segundo o disposto no artigo 16 do Decreto 423/1993, modificado polo Decreto 237/2002, do 11 de xullo, apróbanse os plans de extracción presentados polas confrarías e empresas, que se relacionan a continuación:

-Confraría de pescadores de San Cibrao

Zona de traballo: de Ermita de San Tirso a Punta Rueta

Días máximos de extracción: 80

Puntos de control: lonxa de San cibrao

Punto de venda: lonxa de San Cibrao

Época de probable de extracción: de xaneiro a xuño, outubro e novembro.

Arte ou técnica: recollida a pé.

-Confraría de pescadores da Coruña.

Zona de traballo: zona VII.

Días máximos de extracción: 160.

Puntos de control: O Portiño, Suevos, Lorbé, Mera e Ares.

Época probable de extracción: de xaneiro a agosto.

Arte ou técnica: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Camariñas

Zona de traballo: Río da Ponte a Villueira e de Villueira a Punta do Boi.

Días máximos de extracción: 80.

Puntos de control e venda: confraría de Camariñas.

Época probable de extracción: de maio a setembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Confraría de pescadores de Camelle.

Zona de traballo: Punta Morelo a Punta Gallada.

Días máximos de extracción: 148.

Puntos de control: peirao de Camelle.

Puntos de venda: lonxa de Camelle.

Época probable de extracción: de abril a outubro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Portonovo, Raxó, Pontevedra, Marín e Lourizán.

Zona de traballo: límite externo.- de Punta Faxilda a Punta Centolo e de Punta Galera (Onza), a Punta Couso. Límite interno, de Punta Couso a Punta Preguntoiro e de aí ó interior da ría.

Días máximos de extracción: 150.

Puntos de control: lonxa das confrarías.

Puntos de venda: lonxas

Época probable de extracción: de marzo a setembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé e con mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Aldán.

Zona de traballo: Punta Couso a Punta Preguntoiro hacia ó interior da ría de Aldán.

Días máximos de extracción: 125.

Puntos de control: lonxa da confraría.

Puntos de venda: lonxa.

Época probable de extracción: de xaneiro a xuño.

Arte ou técnica de extracción: con mergullo en apnea.

-Confraría de pescadores de Cangas.

Zona de traballo: de Faro Borneira a Punta Couso e Illas Cíes.

Días máximos de extracción: 146.

Puntos de control: Faro Borneira, Pedra Cantareira, praia de S. Martiño e porto de Cangas.

Puntos de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: do febreiro a setembro.

Arte ou técnica de extracción: mergullo en apnea. Recollida á man.

-Confraría de pescadores de Baiona.

Zona de traballo: Illas Orelludas a Punta Abra.

Días máximos de extracción: 30.

Puntos de control: lonxa de Baiona.

Puntos de venda: lonxa de Baiona.

Época probable de extracción: de xaneiro a outubro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Algamar, C.B.

Zona de traballo: Muros, Cee, Carnota, de Cangas a Cabo Home e Ría de Aldán. Cabo Silleiro á Guarda.

Días máximos de extracción: 98.

Puntos de control: zona de traballo.

Época probable de extracción: de xaneiro a agosto

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Empresa Conservas Porto Muíños.

Zona de traballo: toda a costa de Galicia.

Días máximos de extracción: 150.

Época probable de extracción: de xaneiro a decembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Empresa Conservas e Ahumados Lou, S.L.

Zona de traballo: da Guarda a Ribadeo.

Días máximos de extracción: 40.

Puntos de control: fábrica.

Época probable de extracción: maio a agosto.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Empresa Central Galaica de Plantas Medicinales.

Zona de traballo: de Viveiro a Ribadeo e de Muros a Camariñas.

Días máximos de extracción: 46

Época probable de extracción: de maio a setembro.

Arte ou técnica de extracción: a pé.

-Compañía Española de Algas Mariñas, S.A. (CEAMSA).

Zona de traballo: toda a costa de Galicia.

Días máximos de extracción: 96.

Época probable de extracción: de marzo a outubro.

Arte ou técnica de extracción: a pé. Recollida á man.

-Algas de Galicia.

Zona: costa de Lugo.

Época probable de extracción: de maio a outubro.

Arte ou técnica de extracción: a pé. Recollida á man.

De acordo co establecido no artigo 4 do decreto citado, deberá solicitarse ante o delegado territorial, cunha antelación mínima de 15 días, autorización para desenvolve-la actividade extractiva.

Disposicións adicionais

Primeira.-As solicitudes a que se refiren os artigos 4 e 8 do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, axustaranse ós modelos que figuran como anexos (II, III, IV e V) desta orde.

Segunda.-Mediante os rastros remolcados, definidos nos artigos 120 a 123 do Regulamento da actividade pesqueira, das artes e aparellos permitidos en Galicia, aprobado polo Decreto 424/1993, do 17 de decembro, no seu capítulo X, só se poderá capturar un 10% de especies acompañantes sempre e cando estas especies non estean sometidas a un plan específico aprobado pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Terceira.-Segundo o disposto no artigo 2.1º do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, a extracción de marisco e a recolección de algas en augas da Comunidade Autónoma de Galicia só poderá ser exercida polas persoas e embarcacións que estean en posesión do preceptivo permiso de explotación; non sendo recoñecidas como válidas aquelas autorizacións emitidas polas propias entidades marisqueiras.

Cuarta.-Con carácter xeral autorízase a extracción de moluscos bivalvos as vésperas de festivos durante todo o ano 2003, sempre e cando o estado dos recursos o permita.

Quinta.-Segundo a Orde do 23 de abril de 1999 modificada pola do 13 de xuño de 2001, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se regula o exercicio do mergullo profesional, a aprobación dos plans de explotación con arte ou modalidade de mergullo implica a autorización para realiza-lo mergullo nas zonas e período de vixencia daqueles, segundo as resolucións de apertura que sexan dictadas pola delegación territorial, sen

prexuízo da correspondente aprobación para efectos de seguridade, outorgada pola Capitanía Marítima correspondente, de acordo co establecido na Orde do 14 de outubro de 1997, do Ministerio de Fomento, que establece as normas de seguridade para o exercicio de actividades subacuáticas.

Disposición transitoria

Os plans de explotación incluídos nesta orde que afecten a zonas que no momento da súa publicación estean afectadas pola prohibición da actividade extractiva como consecuencia do accidente do buque petroleiro Prestige quedan en suspenso ata que por resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños se proceda a declara-la súa entrada en vigor.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Os plans de explotación presentados polas entidades marisqueiras que serviron de base para esta orde estarán dispoñibles nos servicios centrais, delegacións territoriais correspondentes da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, así como na sede das entidades responsables destes.

Segunda.-Autorízase o director xeral de Recursos Mariños para o desenvolvemento desta orde, que entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO I

-Ría do Barqueiro: dentro da liña imaxinaria trazada entre Punta Cova Baixa e Punta do Santo.

-Ría de Viveiro: zona interna da liña imaxinaria trazada entre Punta do Cabalo a Punta Morago.

-San Cibrao: dentro da liña imaxinaria formada pola Punta Crebaondas do dique norte da Alúmina e a punta oeste do illote A. Anxuela.

-Burela: dentro da liña imaxinaria trazada entre Punta de Cabo Burela a Faro Pedra e de Faro Pedra a Punta Areoura.

-Nois: demora NE Punta Nois a demora NE no extremo oeste da praia de Arealonga.

-Foz: entre as demoras N e NE de Portovello en fondos inferiores a sete brazas.

-Gahito: demora N Punta Promontorio a N illa Moledo, en fondos inferiores a sete brazas.

-Rinlo: demora N Punta Corbeira/N Punta Leixón, en fondos inferiores a sete brazas.

-Ribadeo: demora N Punta Piñeira/N illote Corva en fondos inferiores a sete brazas.

-Enseada de Santa Marta ou de Cariño: a zona comprendida entre Punta Espasante e Punta O Seixo.

-Cedeira: a zona comprendida entre Punta Castrelo e Punta de Sarridal.