Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación de predios non incorporados á xunta de compensación da U.A. 1 Tomada (Navia). (Expediente 162/413).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 31 de outubro de 2002, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aplica-lo procedemento expropiatorio de taxación conxunta ós terreos non incorporados á xunta de compensación do ámbito da unidade de actuación 1 Tomada (expediente 162/413).

Segundo.-Aprobar inicialmente o proxecto expropiatorio presentado pola devandita xunta de compensación nesta Administración municipal, relativo ás seguintes parcelas dese polígono:

Predio 3:

-Propietario: Bernardino Fernández Fernández.

-Superficie: 385,29 m.

-Valoración: 65.599,53 euros (incluíndo 5% premio de afección).

Predio 29:

-Propietario: descoñecido/Ministerio Fiscal.

-Superficie: 20 m.

-Valoración: 3.405,21 euros (incluíndo 5% premio de afección).

Terceiro.-Abrir un trámite de información pública polo prazo dun mes mediante a publicación de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, con notificación individualizada das follas separadas do prezo xusto a tódolos que apa

recen como titulares de bens ou dereitos, de conformidade co disposto no artigo 145 Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e artigos 58 e 59 Lei 30/1992, do 26 de novembro (LRXA-PAC)».

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ó da publicación do primeiro anuncio, ata transcorrido un mes desde o día seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio, para que presenten documentación ou alegación que estimen pertinente. O expediente atópase á disposición do público en xeral na Oficina de Información Urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 14 de novembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo