Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO.

O Pleno deste Concello, dando por finalizada a fase de elaboración, mediante acordo do 27-12-2002 aprobou inicialmente o Plan especial de protección e reforma interior do barrio de San Lázaro e do núcleo antigo de Verín, así como, consonte o disposto no artigo 42.1º da Lei do solo de Galicia (LSG), sometelo a información pública durante o prazo do mes seguinte á publicación deste anuncio no DOG para que os interesados o examinen e formulen alegacións en relación coas previsións que contén, para o que teñen ó seu dispor o devandito documento nas oficinas municipais en horario normal de oficina.

A través do mesmo acordo, o Pleno, a teor do disposto no artigo 34 da LSG, aprobou a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias nos seguintes termos:

Suspensión do outorgamento de licencias.

1. Ámbito: queda suspendida a concesión de licencias en todo o ámbito delimitado polo Plan especial de protección e reforma interior do barrio de San Lázaro e do núcleo antigo de Verín.

2. Prazo: ata a aprobación definitiva do Pepri, e como máximo, un ano desde a aprobación inicial.

O que se fai público para xeral coñecemento en cumprimento da normativa citada.

Verín, 27 de decembro de 2002.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde