Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2002, referente á convocatoria de concurso-oposición para cubrir un posto de auxiliar administrativo de información-telefonista, vacante no cadro de persoal de funcionarios de carreira do concello.

O alcalde por Decreto de data 3-12-2002 aprobou o sistema de selección, bases e convocatoria para a provisión con carácter definitivo dos seguintes postos de traballo vacantes (oferta de emprego para o ano 2000):

Persoal funcionario:

Posto: auxiliar administrativo de información-telefonista.

Publicación íntegra bases e convocatoria: BOP de Ourense nº 291 de data 20 de decembro de 2002 (inclúense temario e modelo de instancia).

Prazo de presentación de instancias: os vinte días naturais seguintes ó de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP de Ourense e no taboleiro de edictos deste concello.

Verín, 26 de decembro de 2002.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde