Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación da delimitación do polígono B-8 de solo non urbanizable do Plan Xeral de Ordenación Urbana no lugar de Cons, parroquia de Mourente.

A Comisión de Goberno, en sesión do 18-8-2002, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Desestima-la alegación formulada por Saturnino Mirón Gutiérrez en representación da entidade mercantil Inmobiliaria Nino Mirón, S.L. e como administrador único da sociedade Nino Mirón y Xiabre, S.L. no período de información pública do

proxecto de modificación da delimitación do polígono B-8 do PXOU, no lugar de Cons, Mourente de conformidade coas argumentacións expresadas no expositivo do presente, e fundamentalmente á vista do informe do arquitecto xefe da OTPXU, do 17-6-2002 que se incorpora a este acto como motivación e fundamento del, nos termos do artigo 89.5º da Lei 30/1992, do 16 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segundo.-Prestar aprobación con carácter definitivo por proposta instada por Saturnino Mirón Gutiérrez, no seu propio nome e dereito e de Nino Mirón y Xiabre, S.L. e Manuel Pichel Márquez, de modificación da delimitación do polígono nº 8 en solo urbanizable do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana, sito en Cons-Mourente, de conformidade cun proxecto técnico redactado polos arquitectos Eugenio Jiménez Passolas, Gustavo Pérez Álvarez e José Manuel Pichel Pichel, con visado da delegación en Pontevedra do COAG do 29-7-1998 e 4-6-2001, significándose por este acto, que, de conformidade co establecido no artigo 50.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, de solo de Galicia, o aproveitamento urbanístico a considerar no Plan Parcial que desenvolva as determinacións do PXOU para o polígono, será o correspondente á superficie de 28.774 m, determinada pola ficha específica do polígono do planeamento xeral do municipio e non ós 32.027 m de superficie real recoñecida.

Terceiro.-Publicar este acto administrativo no BOP e DOG, con notificación personal ós interesados e remisión de testemuña del á delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia».

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa notificación perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte o establecido nos artigos 10.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, servindo tamén este anuncio de notificación a Carmen Alén Ogando, Celestino Abreu Santos, Román Fortes Cachafeiro, Granja Vista Real, S.A., Manuela Julián Fandiño, herdeiros de Josefa Filgueira Martínez, Manuel Riveiro Filgueira, de conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como a tódolos propietarios ou interesados no procedemento directamente afectados que non puideron ser notificados

individualmente, ben por descoñecidos ou por se ignora-lo lugar de notificación, enderezo, medio, ou porque, tentada a notificación, non se puido practicar.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados coiden procedentes conforme dereito.

Pontevedra, 5 de novembro de 2002.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Alcalde accidental

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral