Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da vía entre a avenida Médico Ballina e a rúa Leandro del Río Carnota.

A Comisión de Goberno, en sesión do 17 de outubro de 2002, aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización dunha vía de nova apertura entre a avenida Médico Ballina e a rúa Leandro del Río Carnota promovido, mediante iniciativa particular, por Gran Patio, Sociedad Limitada, visado pola delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) con data do 19-7-2001, e planos nº PLA 1, 4, 5 e SEC-1, con data de visado colexial do 1-4-2002, documentación que anula e substitúe a súa correlativa anteriormente presentada, toda ela redactada polos arquitectos Rogelio Pérez Conde e Antonio de Cominges Carvallo, dispoñéndose o seu sometemento á información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos, nº 2 desta cidade) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 31 de outubro de 2002.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Alcalde accidental

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral