Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle en desenvolvemento das determinacións do PXOU para a unidade de actuación número 39 do PXOU, rúas Pintores Manuel Colmeiro, Urbano Lugrís e Virxilio Blanco, Camiño das Abeleiras e Instituto Torrente Ballester.

A Comisión de Goberno, en sesión do 14 de outubro de 2002, acordou aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle formulado por Construcuatro, S.A. en desenvolvemento das determinacións do PXOU para a unidade de actuación nº 39, delimitada polas rúas Pintores Manuel Colmeiro, Urbano Lugrís e Virxilio Blanco, Camiño das Abeleiras e terreos do Instituto Torrente Ballester, coa finalidade de defini-las aliñacións e rasantes das vías previstas polo PXOU, límites físicos das edificacións e parcelas de cesións, o cal está subscrito polos arquitectos Eugenio Jiménez Passolas, Gustavo Pérez Álvarez, Daniel Gómez Ayuso e José Vicente Rodríguez Pagan, con visado colexial do 16-7-2002 e planos nº 1, 2 e 3 con visado do 23-11-2001, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos) e formula-las alegacións e xustificacións que coide procedentes.

Pontevedra, 31 de outubro de 2002.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Alcalde accidental

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral