Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 169

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público, mediante procedemento aberto e trámite de urxencia, para a reforma e ampliación para urxencias, rehabilitación consultas externas, hospital de día de oncoloxía e varios usos no Hospital Xeral de Vigo (Pontevedra).

A División de Recursos Económicos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no Decreto 45, do 8 de febreiro de 2002, do Servicio Galego de Saúde, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do órgano de contratación: División de Recursos Económicos, edificio administrativo San Lázaro, 2º andar, en Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 27 61. Fax: 981 54 27 62.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso público mediante procedemento aberto.

b) Contido do contrato obxecto de licitación: reforma e ampliación para urxencias, rehabilitación consultas externas, hospital de día de oncoloxía e varios usos no Hospital Xeral de Vigo (Pontevedra)

3. a) Lugar de execución: Vigo.

b) Natureza e alcance das prestacións, características xerais da obra: obras de construcción.

c) División en lotes: non.

d) Elaboración de proxectos: non.

4. Prazo de execución: 42 meses.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: División de Recursos Económicos do Sergas. Servicio de Xestión , teléfono 981 54 18 38 ou 981 54 74 38.

Copias formato dixital (CD): Copi Belén, teléfono: 981 59 99 24.

Tórculo, teléfono: 981 58 54 55.

Copy Estudio, teléfono: 981 59 33 85/ 981 59 07 11.

Copias en papel DIN A-1: Copi Belén, teléfono: 981 59 99 24.

6. a) Data límite de recepción de ofertas: 17 de febreiro de 2003.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: rexistro xeral da Consellería de Sanidade/ Sergas, edificio administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Lingua o linguas en que deben redactarse as ofertas: castelán e/ou galego.

7. a) Se é o caso, persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: 28 de febreiro de 2003 a partir das 9 horas na sala de xuntas da División de Recursos Económicos do Sergas San Lázaro, Santiago de Compostela (A Coruña).

8. Garantías esixidas.

Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación: douscentos sete mil oitocentos trece euros con dez céntimos (207.813,10 A).

Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto no artigo 36 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Orzamento total: dez millóns trescentos noventa mil seiscentos cincuenta e catro euros con setenta e seis céntimos (10.390.654,76 A).

Anualidades: 2003: 1.500.000 A

2004: 2.500.000 A

2005: 2.500.000 A

2006: 3.890.654,76 A

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicatario do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares.

Grupo: C.

Subgrupo: 2.

Categoría: f.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios de adxudicación do contrato: os que se establecen na cláusula 6.3º do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Variantes: non se admitirán.

15. Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó Servicio de Xestión. Subdirección Xeral de Investimentos. División de Recursos Económicos do Sergas. Teléfono 981 54 18 38 ou 981 54 74 38.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa:

17. Data de envío do anuncio: 27 de decembro de 2002.

18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2002.

P.D. (Decreto 45/2002 do 8 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos