Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de compensación da U.E. I, Plan parcial Quirós. (Expediente 4394/401).

En data do 13 de setembro de 2002, a xunta de compensación do Plan parcial Quirós presentou no rexistro xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo solicitude de tramitación e aprobación do proxecto de compensación da U.E. I Plan parcial Quirós. Achegou para o efecto memoria e planos, na súa última versión que agora se somete a información pública e que foi redactado polo arquitecto José Herrero García, e visado polo COAG en data do 13 de decembro de 2002.

De conformidade co establecido no artigo 133.8º, en relación co 102.4º da Lei 1/1997, do 24 marzo, do solo de Galicia, sométese o devandito proxecto a exposición pública polo prazo de vinte días desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia para que se presenten cantas alegacións ou documentos se estimen convenientes.

O expediente atópase á disposición do público na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

Vigo, 26 de decembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo