Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2002, da Dirección Provincial de Ourense, pola que se anuncia, mediante procedemento aberto e tramitación anticipada, o concurso público 3/DP/2002, para a contratación de subministración sucesiva de material de incontinencia urinaria.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Nº de expediente: C.P. 3/DP/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de material para incontinencia urinaria.

b) Número de unidades que se entregarán: ve-la alínea c) do prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número:

Nº loteConsumo estimadoOrzamento

170.0009.100,00 euros

2254.80048.412,00 euros

3748.000127.160,00 euros

4301.76060.352,00 euros

599.72025.927,20 euros

61.326.424424.455,68 euros

71.77434.593,00 euros

d) Lugar de entrega: ve-la alínea B) 2.4. do prego de prescricións técnicas.

e) Plazo de entrega: ve-la alínea B) 2.4 do prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: anticipada.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 729.999,88 euros (setecentos vintenove mil novecentos noventa e nove euros con oitenta e oito céntimos).

5. Garantía provisional. Importe: 14.599,99 euros (catorce mil cincocentos noventa e nove euros con noventa e nove céntimos).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Ourense.

b) Domicilio: rúa Xoán XXIII, 27-1º.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32003.

d) Teléfono: 988 38 55 93.

e) Telefax: 988 38 55 60.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 31 de xaneiro de 2003.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

Acreditación libre por un ou varios dos medios referidos no art. 18 TRLCAP contidos no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 3 de febreiro de 2003. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, o prazo ampliarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: especifícase nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Ourense.

2. Domicilio: rúa Xoán XXIII, 27-2º.

3. Ourense, 32003.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Ourense.

b) Domicilio: Rúa Xoan XXIII, 27-2º.

c) Localidade: Ourense.

d) Data: 14 de febreiro de 2003. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, o prazo ampliarase ata o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. O importe máximo estimado ascende a 4.800 euros.

12. Data do envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 10 de decembro de 2002.

13. Páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.sergas.es.

Ourense, 28 de novembro de 2002.

Carlos Pereira Fernández

Director provincial de Ourense