Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de material de diálise para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto e anticipado. (Expediente 3A/2003).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, unha vez formalizados os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: 3A/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de material de diálise.

b) Número de unidades que se van entregar: ver pregos.

c) División por lotes e número: ver pregos.

d) Lugar de entrega: almacén de subministracións.

e) Prazo de entrega: segundo as necesidades comunicadas polo Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 586.858 (cincocentos oitenta e seis mil, oitocentos cincuenta e oito euros), IVE incluído.

5. Garantía provisional: ver pregos.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Servicio de Contratación Administrativa.

b) Enderezo: A Choupana, s/n.

c) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 95 02 60.

e) Telefax: 981 95 09 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de proposicións. 3 de febreiro de 2003.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver pregos.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 52 días a partir do envío do anuncio. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte. 3 de febreiro de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: ver pregos.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

2. Enderezo: A Choupana, s/n.

3. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses, desde a data da apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

f) Se é o caso, número previsto (ou números máximo e mínimo) de empresas ás que se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido):

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

b) Enderezo: A Choupana, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo primeiro día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das ofertas terá lugar o primeiro día hábil seguinte. 14 de febreiro de 2003.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: ver pregos.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas (se é o caso): 12 de decembro de 2002.

13. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: http://www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2002.

Javier Jiménez Ferreres

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela