Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 27/2002.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real

decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: 27/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración sucesiva.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de material de aseo e limpeza de cociña.

c) Lote: 5.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOG nº 156, do 14 de agosto de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación.

Importe total: 103.220,72 euros.

5. Adxudicación.

LoteDataEmpresaNacionalidadeImporte adxudicación

129-10-2002Deserto

229-10-2002Francisco Fernández Lijo, S.L.Española14.545,87

329-10-2002Prosaga, S.L.Española8.959,95

429-10-2002Kimberly Clark, S.L.Española32.428,72

529-10-2002Darlim, S.L.Española20.130

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a presente resolución que pon fin á vía administrativa e pode ser impugnada na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2002.

Javier Jiménez Ferreres

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela